Un dos mais grandes músicos que deu Galiza ao mundo foi o violinista Manuel Quroga de Pontevedra
"o meigo do violino". � pergunta de cal era o seu segredo como músico el contestou: "Muita arte e un pouquiño de amor"
Festa en LalÃn en conmemoración do 5 Aniversario. Ver programa de actos [+ info: ampliar cartaz]
5º aniversario do CMTF.
5 anos de traxectoria, centos de actividades na comarca e no pais, centos de persoas -artistas ou non- que pasaron por LalÃn,
centos de melodias e harmonias foron creadas e interpretadas, centos de horas de xestión e pensamento, centos de intelectuais que
fixeron referencia ao CMtF, centos de alumnos/as,centos de estranxeiros/as aprendendo música galega e tocando con nós...muita arte e un pouquiño de amor que todos/as puxeron e puxemos.
Este é o programa do aniversario donde se tocará, rememoraremos unha figura da música galega o sr. Pucho Boedo, escoitaremos á creatividade dos nenos e nenas da Escola Folque Infantil, e ao final teremos un Serán Urbán con certo baile. Un serán para bailar lentas e agarradas, rir, coñecer xente e escuitar e tocar quen quixer.
Gostarianos vervos ali gozando da nosa ampla e variada cultura musical.
Organiza: As. CMTF. Promove o Patronato Cultural de LalÃn.
Colaboran: Taberna Rua, Cervexeria Segrel, Taberna del Tuerto, O Asturiano, Restaurante La Molinera, Bar Chanqueiro, Cervexeria Laxeiro, Taberna Café, O grolo do Tolo e o Maloka