Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns, este é o cuarto ano consecutivo, unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artÃstico, natural e paisaxÃstico do Val Miñor.
Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado e conta coa colaboración das concellerÃas de cultura de Gondomar e Baiona.
O próximo mércores 13 de xullo será a primeira das visitas-guÃadas ou xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. A visita será ao conxunto de petroglifos do Monte Tetón, na estrema das parroquias de Couso (Gondomar) e Tebra (Tomiño).
Trátase dunha das superficies prehistóricas gravadas máis impresionantes que coñecemos no continente europeo. Nuns douscentos metros cadrados gravados destaca unha concentración de circos, na parte alta da rocha, que acada os dous metros e medio de diámetro, acompañada por coviñas en fileiras. Outras enmarcadas por motivos cadrangulares, varios antropomorfos, unha escena de monta e varios motivos únicos coma un corniforme ou unha rosácea, que lembra os arghinas románicos ou castrexos, ou incluso uns rebaixes da rocha que lembran muÃños naviculares de soporte fixo.
Xunto co conxunto de Auga da Laxe (Vincios) e Outeiro dos Lameiros (SabarÃs) conforman o extraordinario triángulo da arte rupestre no Val Miñor.
A paraxe completase cun castro, mámoas e unhas excelentes vistas sobre o Miño e Portugal, a serra do Argalo, a Madanela e a Groba.
A visita comezará ás 18 horas (seis da tarde) e o punto de encontro será a Casa do Concello de Gondomar. Esta xeira estará guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira, director da Sección de Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos e pola tamén arqueóloga Rosa Villar Quinteiro, redactora do proxecto de Ecoparque arqueolóxico do Monte Tetón.
AS XEIRAS Verán 2005 DO IEM
Todas as saÃdas ás 18 h.
|
Data |
SaÃda |
GuÃa |
Punto de encontro |
|
13 xullo mércores |
Petroglifos do monte Tetón
|
Rosa Villar Xosé Lois Vilar |
Casa do concello de Gondomar |
|
20 xullo mércores |
Visita histórica e botánica Monte do Boi
|
Xosé Ramón Xosé Lois Vilar |
Estatua Alfonso VIII |
|
27 xullo mércores |
Visita a Monteferro |
|
Residencia Patos |
|
3 agosto mércores |
Pazos de Gondomar |
Alfonso Soliño Carlos Méixome |
Cruceiro Mañufe |
|
10 agosto mércores |
A fraga de Oliveira* |
Xilberte Manso |
Praza SabarÃs |
|
17 agosto mércores |
Igrexa de Donas Castro Pedra Moura
|
Xosé Lois Vilar Alfonso Soliño |
Casa do concello Gondomar |
|
24 agosto mércores |
Serra do Galiñeiro* |
Antonio Lago |
Casa do concello Gondomar |
*As saÃdas indicadas, especialmente a da serra do Galiñeiro, teñen unha certa dificultade fÃsica.
Organiza:IEM
Colabora: Cultura Gondomar e Cultura Baiona.