Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Os petroglifos do Monte Tetón, primeira xeira do IEM
Os petroglifos do Monte Tetón, primeira xeira do IEM PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 11-07-2005

Visitas : 974


iem_pazos-025.jpgComo xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns, este é o cuarto ano consecutivo, unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.

Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado e conta coa colaboración das concellerías de cultura de Gondomar e Baiona.

O próximo mércores 13 de xullo será a primeira das visitas-guíadas ou xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. A visita será ao conxunto de petroglifos do Monte Tetón, na estrema das parroquias de Couso (Gondomar) e Tebra (Tomiño).

Trátase dunha das superficies prehistóricas gravadas máis impresionantes que coñecemos no continente europeo. Nuns douscentos metros cadrados gravados destaca unha concentración de circos, na parte alta da rocha, que acada os dous metros e medio de diámetro, acompañada por coviñas en fileiras. Outras enmarcadas por motivos cadrangulares, varios antropomorfos, unha escena de monta e varios motivos únicos coma un corniforme ou unha rosácea, que lembra os arghinas románicos ou castrexos, ou incluso uns rebaixes da rocha que lembran muíños naviculares de soporte fixo.

Xunto co conxunto de Auga da Laxe (Vincios) e Outeiro dos Lameiros (Sabarís) conforman o extraordinario triángulo da arte rupestre no Val Miñor.

A paraxe completase cun castro, mámoas e unhas excelentes vistas sobre o Miño e Portugal, a serra do Argalo, a Madanela e a Groba.

A visita comezará ás 18 horas (seis da tarde) e o punto de encontro será a Casa do Concello de Gondomar. Esta xeira estará guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira, director da Sección de Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos e pola tamén arqueóloga Rosa Villar Quinteiro, redactora do proxecto de Ecoparque arqueolóxico do Monte Tetón.


AS XEIRAS Verán 2005 DO IEM

Todas as saídas ás 18 h.

Data

Saída

Guía

Punto de encontro

13 xullo mércores

Petroglifos do monte Tetón

Rosa Villar
Xosé Lois Vilar

Casa do concello de Gondomar

20 xullo mércores

Visita histórica e botánica Monte do Boi

Xosé Ramón
Xosé Lois Vilar

Estatua Alfonso VIII

27 xullo mércores

Visita a Monteferro

 

Residencia Patos

3 agosto mércores

Pazos de Gondomar

Alfonso Soliño
Carlos Méixome

Cruceiro  Mañufe

10 agosto mércores

A fraga de Oliveira*

Xilberte Manso

Praza  Sabarís

17 agosto mércores

Igrexa de Donas
Castro Pedra Moura

Xosé Lois Vilar
Alfonso Soliño

Casa do concello Gondomar

24 agosto mércores

Serra do Galiñeiro*

Antonio Lago

Casa do concello Gondomar

*As saídas indicadas, especialmente a da serra do Galiñeiro, teñen unha certa dificultade física.

Organiza:IEM

Colabora: Cultura Gondomar e Cultura Baiona.

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa