Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Os nomes do mar. Exposición en Baiona
Os nomes do mar. Exposición en Baiona PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 15-07-2005

Visitas : 597


Apertura da exposición â??Os nomes do marâ?? Fotos aéreas cos nomes sobreimpresionados, ortofotos, fotos históricas e temáticas,  conferencias e maquetas de embarcacións forman parte desta exposición que permanecerá  aberta entre o 19 e o 26 de xullo na Capitanía Marítima de Baiona O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) inaugura o martes 19 de xullo a exposición â??Os nomes do marâ?? nas instalacións da Capitanía Marítima de Baiona (rúa Elduayen).

Unha das riquezas máis desatendidas do noso patrimonio inmaterial é a toponimia e dentro dela a costeira. Os nomes das pedras, dos fondos e das superficies figuran recollidos en escaso número nas cartas náuticas e nos derroteiros, pero a inmensa maioría dos mesmos só se conservaba na memoria dos vellos mariñeiros. Consciente desta realidade e ante a ameaza real de perda dun valioso patrimonio cultural é polo que un equipo de traballo do Instituto de Estudos Miñoranos, dirixido polos arqueólogos Xosé Lois Vilar Pedreira e Roberto Rodríguez �lvarez, leva dous anos e medio traballando na recollida da toponimia costeira desde a desembocadura do río Miño, na parroquia de Salcidos (A Guarda) ate a Punta do Caranquexo, na de Panxón (Nigrán).

            A exposición consiste en 70 fotos aéreas cedidas polas Confrarías dâ??A Guarda e Baiona nas que van sobreimpresionados os 1.400 nomes recollidos nestes preto de 60 quilometros de costa. Tamén se expoñerán ortofotos confeccionadas polo SITGA a partir da base de datos fornecida polo IEM, así como fotos temáticas e históricas e a colección de maquetas de embarcacións de baixura e altura da nosa costa realizadas por Manuel Castro Ratel

            A exposición inaugúrase o martes día 19 ás 20:30h cunha conferencia do profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, membro da Comisión de Toponimia de Galicia, narrador e poeta Gonzalo Navaza sobre â??A toponimia e o marâ??.

O xoves día 21 tamén ás 20:30h. Francisco Díaz Guerrero disertará sobre â??Os naufraxios no mar de Baionaâ??. O conferenciante vén de publicar Naufraxios do mar de Vigo (Ed. Xerais) e  é membro da World Ship Society.

O martes 26 ás 20:30h o doutor en Xeografía e especialista en cartografía antiga de Galicia, Gonzalo Méndez falará sobre â??Cartas náuticasâ??.

A exposición permanecerá aberta ate o martes día 26 e poderá ser visitada entre 18h e 21h e o sábado (23), domingo (24) e luns (25) tamén entre as 12 e 14h.

            O Instituto de Estudos Miñoranos quere salientar que esta exposición non sería posible sen a testemuña oral de mariñeiros, argaceiras e percebeiros das costas dos concellos de A Guarda, Santa María de Oia, Baiona e Nigrán que dedicaron moitas das súas horas a informarnos desta tradición oral da que son portadores e a ofrecernos unha memoria toponímica que leva camiño da desaparecer ante o predominio das novas técnicas da localización como o GPS ou o radar.

A realización desta exposición non sería posible sen a colaboración da Capitanía Marítima de Baiona, da Concellería de Cultura de Baiona, do Servicio de Información Territorial de Galicia (SITGA), da Capitanía Marítima dâ??A Guarda e das Confrarías de Baiona e A Guarda




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa