Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Canais arrow Motor arrow Un percorrido histórico e botánico polo Monte do Boi.
Un percorrido histórico e botánico polo Monte do Boi. PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 19-07-2005

Visitas : 484


iem_pazos-025.jpgSegunda xeira do Instituto de Estudos Miñoranos

O próximo mércores 20 de xullo realizarase a segunda das visitas-guíadas ou xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. Nesta ocasión trátase dun percorrido polo elemento xeográfico e morfolóxico máis significativo da Vila de Baiona, a Península de Monte do Boi.

A visita realizarase atendendo a dous aspectos: o histórico e patrimonial, que será comentado polo arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira, director da sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos, e o botánico, dado o especial interese da flora de beira mar que alí se concentra. Este segundo aspecto será comentado polo botánico Xosé Ramón García Martínez.

A visita comezará ás 18 horas (seis da tarde) e o punto de encontro será ao pé do Monumento a Afonso VIII, na entrada do Parador de Turismo.

Lembramos tamén que nos locais da Capitanía Marítima de Baiona continúa aberta a exposición â??Os nomes do marâ??  organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos, e que o xoves día 21, no ámbito desta exposición, ás 20:30, pronunciara unha conferencia Francisco Díaz Guerrero sobre â??Os naufraxios no mar de Baionaâ??.

AS XEIRAS Verán 2005 DO IEM

Todas as saídas ás 18 h.

Data

Saída

Guía

Punto de encontro

13 xullo mércores

Petroglifos do monte Tetón

Rosa Villar
Xosé Lois Vilar

Casa do concello de Gondomar

20 xullo mércores

Visita histórica e botánica Monte do Boi

Xosé Ramón
Xosé Lois Vilar

Estatua Alfonso VIII

27 xullo mércores

Visita a Monteferro

 

Residencia Patos

3 agosto mércores

Pazos de Gondomar

Alfonso Soliño
Carlos Méixome

Cruceiro  Mañufe

10 agosto mércores

A fraga de Oliveira*

Xilberte Manso

Praza  Sabarís

17 agosto mércores

Igrexa de Donas
Castro Pedra Moura

Xosé Lois Vilar
Alfonso Soliño

Casa do concello Gondomar

24 agosto mércores

Serra do Galiñeiro*

Antonio Lago

Casa do concello Gondomar

*As saídas indicadas, especialmente a da serra do Galiñeiro, teñen unha certa dificultade física.

Organiza:IEM

Colabora: Cultura Gondomar e Cultura Baiona.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >