Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow O debate territorial no mundo e a reforma da ONU
O debate territorial no mundo e a reforma da ONU PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 19-07-2005

Visitas : 639


IGADIO debate territorial no mundo é o principal asunto da nova entrega de Tempo exterior, revista de análise e estudos internacionais, que edita o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, http://www.igadi.org/), radicado en Baiona, e dirixe Xulio Ríos.

Cando no Estado español se está a debatir sobre a reforma dos estatutos e unha nova arquitectura competencial, Tempo exterior trata de achegar a ese debate unha reflexión complementaria sobre a diversidade casuística que afecta ao equilibrio territorial en espazos tan afastados uns de outros como Quebec (Stephane Paquin), Kurdistán (Manuel Martorell), Porto Rico (Angel Israel Rivera) ou China (Natalia G. Collado). En todos eles, o problema do artellamento político-territorial é unha das claves esenciais do seu presente e futuro.

O segundo tema deste Tempo exterior é o referente á reforma da ONU, un dos eixes centrais do debate internacional nos próximos meses. A revista presenta catro estudos relativos aos plans xerais de reforma (Carlos Jiménez), as propostas para modificar o Consello de Seguridade (Rosa Riquelme), os desafíos que debe encarar en materia de seguridade internacional (Rafael García Pérez) e as relacións da ONU cos novos actores globais (Mónica Salomón).

A actualidade ven da man de cinco achegas adicionais, nas que se aborda a nova etapa iniciada en Palestina e o proceso de paz trala morte de Yasir Arafat (Roberto Mansilla), e tamén son a destacar os estudos sobre o cambio político en Uruguai co triunfo da esquerda de Tabaré Vázquez (Hugo Cores), a necesidade dun novo enfoque, menos economicista, no MERCOSUR (Eduardo Rivas); a cada vez maior presencia do fundamentalismo cristián e evanxélico na configuración da política exterior estadounidense (Jared Larson) e a situación dos medios de comunicación en China (Georgina Gigueras).

Un conxunto de temas e de voces moi autorizadas, procedentes de diferentes latitudes e extraccións profesionais que consolidan Tempo Exterior como unha revista de referencia nos estudos internacionais, a única en España que non é editada  en castelán.

Os textos poden consultarse en http://www.igadi.org/ e poden solicitarse exemplares en: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , ou adquirila en librarías.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa