A madrugada do pasado sábado unha ambuláncia do 061 ficou atrapada durante quince minutos nunha carabana de coches á altura do Cruceiro da SantÃsima Trinidade.
Os efectivos sanitários levaban a Povisa a un ancián que acababa de sofrer un infarto. Pese a que a policia local se esforzou por alixeirar o tráfico na zona, a ambuláncia non puido chegar a tempo para salvar a este home, que entrou en parada cardiaca un minuto antes de entrar na ClÃnica Povisae faleceu.
Onte novamente se rexistaron grandes retencións na entrada de Baiona e na zona de A Ramallosa durante todo o dia.