O próximo mércores 27 de xullo realizarase a terceira das visitas-guÃadas ou xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. Nesta ocasión trátase dun percorrido pola penÃnsula de Monteferro, de especial riqueza arqueolóxica e toponÃmica, aspectos que serán comentados polo guÃa, o arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira.
A visita comezará ás 18 horas (seis da tarde) e o punto de encontro será na Residencia de Tempo Libre de Patos (Panxón).
No aspecto da riqueza arqueolóxica de Monteferro sinalamos:
No extremo occidental, dous conxuntos de muÃños naviculares quizais cunha antigüidade de 4000 anos. O emprazamento chama a atención por estaren fronte ao mar, uns nâ??A Meda ou Centulo, lugar de difÃcil acceso e o outro nâ??As Pinisas Pequenas nunha rocha con podomorfos, coviñas e circos.
O núcleo de Panxón ricamente documentado desde o perÃodo castrexo-romano. Na Punta do Castro atopáronse anforiñas e unha ara dedicada a Mercurio, exposta no Museo de Castrelo. O celebre mosaico (un peixe, atopado no s. XIX) pon en evidencia a existencia dunha â??villaâ??. Este mosaico foi subhastado, hai uns 5 anos, diante da pasividade das nosas autoridades. Agora seica está en Inglaterra.
Ã? dereita da estrada que sube a Monteferro atopouse o que foi outra â??villaâ?? romana pois apareceron restos de construcción: tégulas e Ãmbrices, ladrillos de muros e de columnas, cerámica de cociña e de almacenamento, unha doa vÃtrea dun colar, unha figuriña feminina de barro... e moitos muros, un de 5 metros de longo e 50 cm de ancho. Todo está conscientemente soterrado a pesar das recomendacións da arqueóloga de conservar parte da â??villaâ?? que coincidÃa cunha zona verde.
No referido á toponimia da zona, na actualidade, coñecemos uns poucos nomes que usamos por necesidade, sobre todo, de emprazamento: O Castro, A Madorra, Patos, Monteferro e As Estelas... máis o resultado da pescuda toponÃmica realizada polo IEM para a súa exposición â??Os nomes do marâ?? forneceu, no conxunto de Monteferro e As Estelas, un total de 130 nomes que denominan tanto a costa propiamente dita como o fondo do mar. Estes nomes pódense referir ben a animais (zoónimos), ou ao son e a evolución do mar, asà como ás cores ou ás formas.