Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Xeiras do IEM. Monterferro
Xeiras do IEM. Monterferro PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 26-07-2005

Visitas : 721


O próximo mércores 27 de xullo realizarase a terceira das visitas-guíadas ou xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. Nesta ocasión trátase dun percorrido pola península de Monteferro, de especial riqueza arqueolóxica e toponímica, aspectos que serán comentados polo guía, o arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira.

A visita comezará ás 18 horas (seis da tarde) e o punto de encontro será na Residencia de Tempo Libre de Patos (Panxón).

No aspecto da riqueza arqueolóxica de Monteferro sinalamos:

No extremo occidental, dous conxuntos de muíños naviculares quizais cunha antigüidade de 4000 anos. O emprazamento chama a atención por estaren fronte ao mar, uns nâ??A Meda ou Centulo,  lugar de difícil acceso e o outro nâ??As Pinisas Pequenas nunha rocha con podomorfos, coviñas e circos.

O núcleo de Panxón ricamente documentado desde o período castrexo-romano. Na Punta do Castro atopáronse anforiñas e unha ara dedicada a Mercurio, exposta no Museo de Castrelo. O celebre mosaico (un peixe, atopado no s. XIX) pon en evidencia  a existencia dunha â??villaâ??. Este mosaico foi subhastado, hai uns 5 anos, diante da pasividade das nosas autoridades. Agora seica está en Inglaterra.

Ã? dereita da estrada que sube a Monteferro atopouse o que foi outra â??villaâ?? romana pois apareceron restos de construcción: tégulas e ímbrices, ladrillos de muros e de columnas, cerámica de cociña e de almacenamento, unha doa vítrea dun colar, unha figuriña feminina de barro... e moitos muros, un de 5 metros de longo e 50 cm de ancho. Todo está conscientemente soterrado a pesar das recomendacións da arqueóloga de conservar parte da â??villaâ?? que coincidía cunha zona verde.

 No referido á toponimia da zona, na actualidade, coñecemos uns poucos nomes que usamos por necesidade, sobre todo, de emprazamento: O Castro, A Madorra, Patos, Monteferro e As Estelas... máis o resultado da pescuda toponímica realizada polo IEM para a súa exposición â??Os nomes do marâ?? forneceu, no conxunto de Monteferro e As Estelas, un total de 130 nomes que denominan tanto a costa propiamente dita como o fondo do mar. Estes nomes pódense referir ben a animais (zoónimos), ou ao son e a evolución do mar, así como ás cores ou ás formas.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?