Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 07/08
Portada arrow Axenda arrow Miñoranos gaiteiros en Lorient
Miñoranos gaiteiros en Lorient PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 05-08-2005

Visitas : 537


As bandas de gaitas Xarabal, de Vigo, e Manxadoira, de Bueu
(Pontevedra), son as únicas agrupacións musicais galegas que
acudirán ao XXXV Festival Intercéltico de Lorient (Francia), que se
celebrará do 5 ao 14 de agosto.

Os rapaces Hugo, Pedro e rapaza Úrsula, todos de Nigrán e gaiteiros son integrantes da popular banda de música Xarabal, de onde naceron músicos coma Carlos Nuñez ou xose Manuel budiño, están agora mesmo por terras galas participando no máis importante festival da cultura celta do mundo.

http://www.festival-interceltique.com/

Non é primeira vez que esta banda participa no Festival Intercéltico, onde actuaran conxuntamente coa banda Manxadoira. O gaiteiro Carlos Núñez é un dos principais convidados.
Ramón Campos destacou o carácter "tradicional" da banda, fronte ás "bandas marciais que non gostan no Festival Intercéltico
porque a xente vai ver o do país". Outras agrupacións galegas incluídas no programa desta convocatoria musical son o grupo de baile A Che pon Vella, de Teo; o coruñés Pepe Vaamonde e os grupos folk Xochilmica, de Santiago, e Vos Enchebres de Cacheiras, de A Coruña.

www.xarabal.org

Xarabal

Baixo a dirección de Antón Corral, nace en Septembro de 1984 como una actividade máis do"Obradoiro Escola de Instrumentos Musicais Populares Galegos" da Universidade Popular de Vigo, coa intención, non so de potenciar e espaia-la música popular galega, senón de realizar un traballo serio sobre a técnica de gaita e percusión, procurando forxar futuros profesionais que coñezan e dominen o instrumento. No ano 2001 a banda deslígase da Universidade Popular, pasando a ser parte da Asociación Cultural Xarabal.  

A elección do nome debeuse ó significado da propia palabra: "Agrupación de peixes ante un perigo", e que no seu momento identificábase coa difícil realidade que estaba vivindo a música popular no noso país, e a necesidade de facer un frente común para soluciona-lo problema.

A tradición non consiste soamente de vivir no pasado, senón reconstruirla no presente para que permaneza no futuro. 0 folklore faise día a día e o dificil é dar coas fórmulas xustas que garantan a sua aceptación e introducción na cultura popular.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Elodio y los seres queridos

Axenda

Enquisa