Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Especiais arrow Esteiro da Foz arrow A Fraga de Oliveira, próxima xeira do Instituto de Estudos Miñoranos
A Fraga de Oliveira, próxima xeira do Instituto de Estudos Miñoranos PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 08-08-2005

Visitas : 801


O próximo mércores 10 de agosto celebrarase unha nova visita-guiada ou xeira organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. A visita será á Fraga de Oliveira unha das paraxes naturais mellor conservados e de máis interese das moitas coas que conta o Val Miñor.

O percorrido, dacabalo dos concellos de Gondomar e Baiona, farase polas beiras do río da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar en Baiona, e Aburlido e Oliveira en Gondomar. Deste último recibe o nome. Só cando estamos dentro da fraga somos capaces de percibir a beleza e variedade de especies vexetais e animais que contén. Podemos pasar pola beira e non decatarnos dos tesouros que agocha, entre o lusco-fusco do solpor ou no orballo dunha alborada. O tempo ten outro ritmo neste lugar.

A visita comezará ás 18 horas (seis da tarde) e o punto de encontro será no Mercado de Sabarís. Dende alí dirixirémonos ata o lugar de inicio da visita. A duración da marcha será de entre tres e catro horas, a ritmo cómodo, aínda así recoméndase roupa e calzado axeitado: pantalón longo, botas ou calzado para camiñar e camisa ou camiseta de manga longa e levar auga para beber.

A visita estará guiada polo membro do Instituto de Estudos Miñoranos, Xilberte Manso e polo botánico Xosé Ramón García Martínez.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa