Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Axenda arrow Santa María de Oia inaugura o I Festival â??Rock do Mosteiroâ??
Santa María de Oia inaugura o I Festival â??Rock do Mosteiroâ?? PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 18-08-2005

Visitas : 492


Oia celebra este sábado 20 de agosto a primeira edición do festival â??Rock do Mosteiroâ?? coa actuación de máis de seis grupos de rock. Os vigueses Skacha (punk rock) e os miñoranos Dakidarría (punk rock con influencia reggae e ska) serán os cabezas de cartel deste festival, no que ademais actuarán grupos chegados da Guarda (Not Now, Chámalle X e Balbordo) e un cantautor local, Fiasco. Espérase tamén a actuación de máis grupos convidados.

O festival botará a andar no Eirado do Mosteiro de Santa María de Oia, o vindeiro sábado 20 de agosto, a partir das 22.30 horas. A entrada é de balde e, por iso, espérase que se acheguen a Oia un grande número de seguidores dos seis grupos que comparten escenario.

O obxectivo deste evento é introducir a Oia no circuito de festivais que teñen lugar todos os veráns polas comarcas do Baixo Miño, O Val Miñor e Vigo. De feito, este é o primeiro festival rock que se organiza en Oia desde hai varios anos e tanto a Asociación Cultural Correlos, como a organización Galiza Nova de Oia queren que o concello sexa coñecido polas actividades culturais e lúdicas que nel se celebran. Ambas as organizacións son as encargadas de xestionar este I festival â??Rock do Mosteiroâ??.

 

O lugar: un mosteiro cisterciense único en España

O â??Rock do Mosteiroâ?? vaise celebrar nunha ubicación privilexiada: á beira dun Monumento Histórico Artístico e dun dos cenobios máis particulares de todo o Estado español. Construído desde 1132, baixo o mandado do rei da Galiza Afonso VII, o Mosteiro de Oia é o único cisterciense que se conserva á beira do mar. Os monxes que o habitaron durante séculos destacaron pola súa férrea defensa ante os continuos intentos de invasións e saqueos desde o mar.

Os grupos: dous cabezas de cartaz do rock galego

Con catorce anos ás súas costas, os vigueses Skacha conseguiron colocarse entre as bandas máis destacadas do rock galego. No â??Rock do Mosteiroâ?? han tocar temas do seu novo e sexto disco (â??A ferro e lumeâ??), tal e como fixeron en numerosos concertos por toda Galiza, Euskadi, Cataluña...

Pola súa banda, os Dakidarría veñen de sacar ao mercado o seu primeiro disco, â??Fragasaurus Rexâ??. Procedentes da comarca do Val Miñor, os integrantes deste grupo traballan por facerse un oco entre os mellores grupos do punk rock galego e incluso estatal, xa que este primeiro traballo está a obter boas críticas por mesturar estilos como o punk, o rock, o ska e mais o reggae.

Xunta estos grupos actuarán varias bandas da Guarda. Not Now, Chámalle X e Balbordo â??membros todos da â??Plataforma Locais de Ensaio Xa!â??- e un cantautor de Oia, Fiasco. Ademais, no día do concerto actuarán outros grupos, cuxo nome non se desvelará até que comece o â??Rock do Mosteiroâ??.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Elodio y los seres queridos

Axenda

Enquisa