
Oia celebra este sábado 20 de agosto a primeira edición do festival â??Rock do Mosteiroâ?? coa actuación de máis de seis grupos de rock. Os vigueses Skacha (punk rock) e os miñoranos DakidarrÃa (punk rock con influencia reggae e ska) serán os cabezas de cartel deste festival, no que ademais actuarán grupos chegados da Guarda (Not Now, Chámalle X e Balbordo) e un cantautor local, Fiasco. Espérase tamén a actuación de máis grupos convidados.
O festival botará a andar no Eirado do Mosteiro de Santa MarÃa de Oia, o vindeiro sábado 20 de agosto, a partir das 22.30 horas. A entrada é de balde e, por iso, espérase que se acheguen a Oia un grande número de seguidores dos seis grupos que comparten escenario.
O obxectivo deste evento é introducir a Oia no circuito de festivais que teñen lugar todos os veráns polas comarcas do Baixo Miño, O Val Miñor e Vigo. De feito, este é o primeiro festival rock que se organiza en Oia desde hai varios anos e tanto a Asociación Cultural Correlos, como a organización Galiza Nova de Oia queren que o concello sexa coñecido polas actividades culturais e lúdicas que nel se celebran. Ambas as organizacións son as encargadas de xestionar este I festival â??Rock do Mosteiroâ??.
O lugar: un mosteiro cisterciense único en España
O â??Rock do Mosteiroâ?? vaise celebrar nunha ubicación privilexiada: á beira dun Monumento Histórico ArtÃstico e dun dos cenobios máis particulares de todo o Estado español. ConstruÃdo desde 1132, baixo o mandado do rei da Galiza Afonso VII, o Mosteiro de Oia é o único cisterciense que se conserva á beira do mar. Os monxes que o habitaron durante séculos destacaron pola súa férrea defensa ante os continuos intentos de invasións e saqueos desde o mar.
Os grupos: dous cabezas de cartaz do rock galego
Con catorce anos ás súas costas, os vigueses Skacha conseguiron colocarse entre as bandas máis destacadas do rock galego. No â??Rock do Mosteiroâ?? han tocar temas do seu novo e sexto disco (â??A ferro e lumeâ??), tal e como fixeron en numerosos concertos por toda Galiza, Euskadi, Cataluña...
Pola súa banda, os DakidarrÃa veñen de sacar ao mercado o seu primeiro disco, â??Fragasaurus Rexâ??. Procedentes da comarca do Val Miñor, os integrantes deste grupo traballan por facerse un oco entre os mellores grupos do punk rock galego e incluso estatal, xa que este primeiro traballo está a obter boas crÃticas por mesturar estilos como o punk, o rock, o ska e mais o reggae.
Xunta estos grupos actuarán varias bandas da Guarda. Not Now, Chámalle X e Balbordo â??membros todos da â??Plataforma Locais de Ensaio Xa!â??- e un cantautor de Oia, Fiasco. Ademais, no dÃa do concerto actuarán outros grupos, cuxo nome non se desvelará até que comece o â??Rock do Mosteiroâ??.