O grupo presentará o seu novo e primeiro traballo musical "Jazz in Concert".
O salón de actos do Concello de Mondariz Balneario acollerá este sábado 17 de setembro ás 22:30 horas o concerto - presentación inaugural do novo traballo jazzistico de Mario Grimaldos Group "Jazz in Concert".
O concerto de entrada libre foi organizado polo Concello de Mondariz Balneario, cumplÃndose deste xeito o desexo do grupo de realizar a súa primeira actuación aquà en Galicia.
"Creemos que a actuación en Mondariz Balneario é a mellor oportunidade para que os ouvintes e amantes do jazz podan desfrutar dun agradable concerto rodeados da maxia deste lugar".
Mario Grimaldos Group únese, despois de catro anos de traballo de composición, para dar a luz un proxecto de jazz fresco e persoal. Unha arriscada aposta que recolle a mellor eséncia do jazz contemporáneo misturado con tintes mediterráneos.
Un traballo que en poucos meses conseguiu despertar o interese de algúns dos máis prestixiosos festivais de Jazz en España.
Mario Grimaldos Group está integrado polos músicos: Mario Grimaldos, guitarrista e compositor valenciano afincado en GalicÃa; Jose Antonio RodrÃguez, guitarrista galego; a cantante portuguesa Liliana Andreia Dias; o contrabaixista Cubano Oscar RodrÃguez e o percusionista galego Carlos Castro.
A calidade interpretativa e a agradable sonoridade jazzistica dos oito temas que compoñen este concerto apostan como un valor seguro para o futuro deste novo grupo.
Para coñecer e poder escoitar algunhas das suas pezas, Mario Grimaldos Group estrea o seu sÃtio web baixo o enderezo http://www.mariogrimaldos.com/