Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Especiais arrow Esteiro da Foz arrow Mario Grimaldos Group oferece en Mondariz Balneario o seu primeiro concerto ina
Mario Grimaldos Group oferece en Mondariz Balneario o seu primeiro concerto ina PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 16-09-2005

Visitas : 1021


   

O grupo presentará o seu novo e primeiro traballo musical "Jazz in Concert".

O salón de actos do Concello de Mondariz Balneario acollerá este sábado 17 de setembro ás 22:30 horas o concerto - presentación inaugural do novo traballo jazzistico de Mario Grimaldos Group "Jazz in Concert".

O concerto de entrada libre foi organizado polo Concello de Mondariz Balneario, cumplíndose deste xeito o desexo do grupo de realizar a súa primeira actuación aquí en Galicia.

"Creemos que a actuación en Mondariz Balneario é a mellor oportunidade para que os ouvintes e amantes do jazz podan desfrutar dun agradable concerto rodeados da maxia deste lugar".

Mario Grimaldos Group únese, despois de catro anos de traballo de composición, para dar a luz un proxecto de jazz fresco e persoal. Unha arriscada aposta que recolle a mellor eséncia do jazz contemporáneo misturado con tintes mediterráneos.

Un traballo que en poucos meses conseguiu despertar o interese de algúns dos máis prestixiosos festivais de Jazz en España.

Mario Grimaldos Group está integrado polos músicos: Mario Grimaldos, guitarrista e compositor valenciano afincado en Galicía; Jose Antonio Rodríguez, guitarrista galego; a cantante portuguesa Liliana Andreia Dias; o contrabaixista Cubano Oscar Rodríguez e o percusionista galego Carlos Castro.

A calidade interpretativa e a agradable sonoridade jazzistica dos oito temas que compoñen este concerto apostan como un valor seguro para o futuro deste novo grupo.

Para coñecer e poder escoitar algunhas das suas pezas, Mario Grimaldos Group estrea o seu sítio web baixo o enderezo http://www.mariogrimaldos.com/




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa