Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada
O Consello de Europa recomenda que o ensino sexa principalmente en galego PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 23-09-2005

Visitas : 1318


LINGUA E ADMINISTRACIÓN
 O Consello de Europa aprobou e fixo público un informe sobre a situación lingüística no estado español que é moi crítico coa actuación do goberno de Madrid. O período avaliado coincide cos últimos anos da administración Aznar, e inclúe unha ampla listaxe de recomendacións. Entre elas, a de que mude o sistema de ensino para un modelo "principalmente en galego" dende o preescolar ata a secundaria, algo que sobrepasa as pretensións do Plan de Normalización, que fixa o 50% dos contidos, ou que se "dobren os esforzos para promover a identidade específica do galego de Asturias".
O estado español, así coma outros moitos estados europeos, aprobou no seu día a Carta Europea das Linguas Minorizadas, que esixía un determinado grao de compromiso no respecto, protección e potenciamento das linguas que, coma o galego, teñen problemas para a súa consolidación. O propio Consello de Europa é o órgano encargado de facer o seguimento do grao de aceptación real deses compromisos gobernamentais. Como resultado dese proceso de seguimento, no que un comité de expertos consulta tanto a administración coma os colectivos ou axentes de defensa dos idiomas, o Consello publica informes periódicos.

No que corresponde ao estado español, e que foi aprobado o mércores, a maior cantidade de incidencias aluden á falta de información. O Consello de Europa chámalle a atención ao goberno, que daquela presidía Aznar, pola falta de colaboración no subministro de datos. Practicamente un 75% do contido da Carta non se pode avaliar pola ausencia de datos gobernamentais, e mesmo o Consello chega a facer responsábel ao goberno do adiamento en máis dun ano das visitas do comité de expertos ás áreas lingüísticas.

As recomendacións máis urxentes no territorio estatal fan referencia ao eusquera e ao aragonés, pero o informe completo desenvolve un apartado dunha vintena de páxinas, dispoñíbeis en inglés e francés, sobre a situación do galego. Especialmente resaltabél é a recomendación do Consello de Europa de que o estado implante modelos educativos "principalmente en galego" para preescolar, primaria e secundaria. O Comité de expertos considera "que o modelo educativo actual non está á altura dos compromisos específicos asumidos por España" na Carta.

Polo que respecta á Xustiza, o Consello de Europa entende que os dereitos lingüísticos dos galegofalantes non son os correctos ou que, na maioría dos casos, son só unha posibilidade teórica. Por iso recoméndalle ao goberno español que tome as medidas necesarias para que se respecten, tanto no que se refire á lingua procesal, como á tradución da actividade xudicial, os dereitos dos falantes de galego. Tamén lle pide que aumente a "proporción dos traballadores da Xustiza, en particular entre xuíces e avogados, que sexan quen de empregar o galego para fins profesionais", así como que poña en marcha plans de formación. O Consello de Europa tamén anima o goberno español a que forneza formularios bilingües en todas as oficinas da administración, dado que as propias fontes gobernamentais recoñeceran que só adoptaban esa forma un 60% dos formularios.

Contundente é o informe do Consello polo que respecta ao galego estremeiro. Se ben, apoiándose en datos do goberno español, non recoñece a existencia de áreas galegofalantes nas Portelas, na Cabreira nin na Estremadura, cifra en 22.000 persoas os falantes na área berciá e en 40.000 os falantes na área eonaviega. O Consello demanda especialmente que o goberno do estado lle forneza unha información máis ampla sobre o galego "falado en Castela e León", e que se "dobren os esforzos para promover a identidade específica do galego en Asturias".

Porén, a avaliación global que fai o Consello de Europa da situación lingüística do estado é positiva. Sinala que "España é un dos países máis implicados na protección e na promoción das linguas minorizadas" e que "debe ser felicitada polo alto grao de protección acadado". Como principais pexas nos cumprimentos, o Consello de Europa destaca o ámbito da Xustiza e da administración pública, pero especialmente a falta de colaboración do goberno (daquela o de Aznar) de informar sobre o estado lingüístico. Agora tocaralle ao goberno Zapatero responder destes informes.

Recollido de www.galego.org



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
Titulares
  • Pause
  • Previous
  • Next
1/5
Image Excursión á Illa de Tambo A Concellalía de Educación que dirixe Este Pérez, organiza unha excursión para os cativos á Illa de Tambo para o vindeiro sábado 15 de novembro. A excursión está dirixida a nenos maiores de 8 anos e o prezo por neno é de 7€. A saída será ás 9 da mañá desde a Oficina de Turismo e o regreso aproximado ás 14h.
Ler máis...
 
 
Gondomar
Monti Castiñeiras, Xabier Deive, Mela Casal e Leonel Vieira, onte, durante un descanso do rodaje no pazo Villarés. C. Pereira Un "pazo Baión" en Gondomar A actriz galega Mela Casal, convertida por maxia do celuloide na sinistra matriarca Marica Alberro, traza un escuro plan ante os seus irascibles fillo...
 
Opinión
Turismo y Medioambiente Es un contrasentido que un Concello que tiene el orgullo de presentarse como Municipio de Excelencia Turística no cuide más la ubicaci...
Axenda
Image Xeira cultural pola Foz do Miñor As Concellerías de Turismo e Cultura, organizaron conxuntamente durante os meses de xullo e agosto rutas culturais e naturais para dar a co&nti...
 
Trebellos
Image Oitavos en robocampeones! Este venres pasado, oito alumnos e alumnas de Baiona asistiron ó campionato de robótica “robocampeones“, en Madrid. Dous dos...
Música
Image Niño y Pistola en concerto no Marrucho O vindeiro venres 5 de setembro o grupo pop miñorán máis internacional Niño y Pistola voltan en concerto no bar Marrucho ...
 
Cultura
Image Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño Un ano máis, este outono, a partir do sábado 25 de outubro, celebraráse en Gondomar a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolañ...
 
Motor
Image Vehículos Hibridos II Continuando coa reportaxe anterior sobre os vehículos hibridos, ahora tocaba prestar atención o luxo, pasamos a Lexus...
 

Vigo Integra

Especial Plan Vigo Íntegra

A mina do Ulleiriño, en Baiona, unha das galerías drenantes mellor construída

Axenda

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

O Foucellas

 Verdadeiramente, a maior parte da xente contaba os feitos do “Foucellas” dándolle un aire de criminalidade, os menos, os entendían coma feitos de guerrilla contra o réxime franquista.” ...
Leer artigo ...

Reflexións

O curuto do corvo. Por Carlos Méixome¡Memoria! ¿Que memoria?

 O Cruceiro de San Campio

O tempo

El Tiempo en Nigran - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Rexístrate

Se queres participar, crea a túa conta en valminor.info





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Considera eficiente o servizo de recollida do lixo en Nigrán?
 

Faladoiro


Trebellos >>

Canal Trebellos

Trebellos e novas
tecnoloxías

Música >>

Canal Música

Actualidade e novidades
musicais do momento.

Cultura >>

Canal cultura

Actividade cultural do
Val Miñor e comarca.

Planeta Terra >>

Canal Plante Terra

O canal verde do Val.

Motor >>

Canal Motor

O mundo do motor en
galego.