Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 09/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow O adestrador de fútbol Fernando Vázquez inicia o novo ciclo das TERTULIAS DO I
O adestrador de fútbol Fernando Vázquez inicia o novo ciclo das TERTULIAS DO I PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 04-10-2005

Visitas : 390


As TERTULIAS, que se prolongarán ata o mes de xuño, serán clausuradas polo empresario Jacinto Rey

Por cuarto ano consecutivo o Instituto de Estudos Miñoranos pon en marcha as TERTULIAS DO IEM que teñen como fin achegar ata o Val Miñor diversas persoas que teñen destacado nas súas respectivas actividades para que compartan con todos nós as súas experiencias durante unha xornada. O esquema deste ano mantense como o anterior, esto é primeiro haberá unha conferencia coloquio, sempre no día venres, preferentemente o primeiro de cada mes, que comezará ás 20:30 h e logo unha cea-coloquio (con prazas limitadas) á que se pode asistir mediante reserva no telefono 629 890 320. Este ano tanto a conferencia aberta ao público como a cea, previa reserva, terán lugar no PAZO DA ESCOLA, no Barrio de Moreira nº 10, MAÑUFE, Gondomar. Estamos seguros que o espléndido marco que vai acoller este ciclo de nove TERTULIAS axudará a consolidar esta iniciativa cultural, tan gabada pola cidadanía do Val Miñor, e á que o Instituto de Estudos Miñoranos dedica moitos esforzos.
Achégolles o programa completo e definitivo das TERTULIAS DO IEM: o autor e a súa obra para o curso 2005-06

Foto as.com

7 de outubro de 2005
Fernando Vázquez Pena
Adestrador de fútbol
Presenta: Carlos Méixome Xuíz, estudante.

4 de novembro de 2005
Carlos Blanco
Actor
Presenta: Concha Costas. Profesora.

Foto vieiros.com

2 de decembro de 2005
Camilo Nogueira Román
Economista, enxeñeiro, ex deputado no Parlamento Galego e no Europeo
Presenta: Carlos Estévez. Profesor e director do Colexio de Covaterreña

Foto Galizacig.org

13 de xaneiro de 2006
Lidia Senra.
Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego.
Presenta: Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Montes en Man Común e da Comunidade de Montes de Sabarís

Foto xunta.es

3 de febreiro de 2006
Enrique López Veiga
Deputado, ex conselleiro de pesca.
Presenta: Antón Mascato. Editor.

3 de marzo de 2006
Ánxela Rodicio
Xornalista, ex correspondente de TVE no Oriente Medio
Presenta: Concha Vilar. Profesora.

foto xerais.es

7 de abril de 2006
Francisco Fernández Rei
Filólogo. Catedrático da USC. Membro da Real Academia Galega
Presenta: Camiño Noia. Catedrática da U. Vigo

5 de maio de 2006
Francisco Vázquez Vizoso
Médico
Presenta: Xulio Castañal. Médico
  2 de xuño de 2006
Xacinto Rey
Empresario. Presidente do Grupo San José.
Presenta: Emilio García Crego. Director de Caixanova de Gondomar



















Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa