Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Canais arrow Trebellos arrow Participa na homenaxe aos veciños asasinados na
Participa na homenaxe aos veciños asasinados na PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 13-10-2005

Visitas : 544


O sábado 15 de outubro, ás 12.30 h., procederase á inauguración do Monumento-homenaxe aos nove veciños do Val Miñor asasinados na coñecida como “Volta dos Nove” .

O monumento é un bosque-escultura realizado por Fernando Casás.
A Comisión organizadora chama aos veciños e veciñas do Val Miñor a participar no acto inaugural.

Un bosque de 45 loureiros, a árbore dos heroes, o tronco dunha árbore, realizada en bronce, cortado, truncado como a vida dos nove veciños asasinados, hai 69 anos, na volta da estrada de Baiona á Guarda, coñecida dende aquela como a “Volta dos Nove”. Xunto cunha lousa de granito na que van inscritos os nomes dos mortos así como unha lembranza das nove cruces
na area que durante décadas lembraron en silencio este crime, forman os elementos máis significativos deste proxecto deseñado polo escultor nacido en Gondomar aínda que formado no Brasil e dende hai anos veciño de novo do
Val Miñor.

Culmina así un proxecto que naceu hai un ano nun acto público que tivo lugar na Biblioteca de Baiona no que se constituíu unha comisión para promover este monumento-homenaxe. A obra realizase por subscrición popular aínda que tanto o escultor como as demais persoas que traballan no proxecto fano desinteresadamente. O elevado custe que acadou finalmente o proxecto obrigará á comisión a continuar coa recadación de fondos para sufragalos e no caso de que houbese excedentes poder realizar no 2006, aos setenta anos dos feitos, outras actividades de divulgación daqueles tráxicos meses para o Val Miñor e para toda Galicia.

O acto inaugural celebrarase o mesmo 15 de outubro, sábado, ás 12.30 h. 
Na mesma Volta dos Nove. Neste acto estarán presentes familiares dos nove asasinados. A comisión organizadora cursou convite ao Goberno da Xunta de Galicia, a todos e cada un dos deputados e deputadas do Parlamento de Galicia, aos tres alcaldes do Val Miñor así como a todos os concelleiros e concelleiras de Nigrán, Baiona e Gondomar. Así mesmo cursouse invitación a moitas persoas relacionadas co mundo da cultura. Así mesmo a comisión organizadora quere convidar a veciños e veciñas do Val Miñor a participar neste acto homenaxe aos nove miñoranos asasinados o 15 de outubro de 1936.


Axuda - DonativoDONATIVO INGRESO na conta de Caixanova  2080 0528  66 0000005960
TARXETA ou conta PAYPAL se queres facer o donativo por internet na dirección 
https://www.paypal.es/affil/pal= Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • TodoPocketPC
    • HTC Iolite: Pequeño por fuera y grande por dentro.

      HTC Iolite es el nuevo dispositivo de HTC que iba a ser presentado este próximo CES Las Vegas pero que por un descuido de Expansys hemos podido conocer unas horas antes de lo previsto. Este dispositivo de reducidas medidas incorpora por dentro toda...
    • Palm Nova: La última oportunidad de Palm.

      Empezar el año hablando de un nuevo dispositivo móvil no es nada habitual, más que nada por las fechas en que nos encontramos, poco adecuadas para introducir nuevos conceptos en el mercado. Que además sea de Palm es más sorprendente aún...
  • Relacionadas
 

Enquisa