Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada
XIX ENCONTRO GALEGO e XII GALEGO-PORTUGUÃ?S DE EDUCADORES/AS POLA PAZ PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 14-10-2005

Visitas : 470


Unha vez máis convocamos á cita das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses, así como de outras terras, para debatir, compartir e practicar diferentes temáticas que afectan ao noso traballo a prol dunha cultura de paz. Nesta ocasión, atoparémonos nun dos lugares de referencia na historia dos nosos Encontros como é a praia de Camposancos, concello da Guarda (Pontevedra), xusto onde o rio Miño une as terras da Galiza e Portugal.

Os días 18, 19 e 20 de novembro, 2005  - Hotel Novo Muiño - Praia de Camposancos-A Guarda (Pontevedra) ORGANIZA:
• Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega
• Dto. de Pedagoxía e Didáctica das CC.EE da Universidade da Coruña
• Movimento dos Educadores pela Paz de Portugal (MEP)
• Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a paz (AGAPPAZ) 

Para esta edición decidimos abordar un tema clave na nosa prática profisional e que ten unha inequívoca actualidade na Galiza e no conxunto de España por afectar a un dos pilares da actual reforma educativa: a educación para a cidadanía. A ninguén se lle oculta as dificultades da integración europea, dos intentos cada vez menos disimulados de querer convertirnos en consumidores ou simplemente en clientes en lugar de auténticos cidadáns, das dotrinas neoliberais e belicistas que imperan no mundo e que están a impregnar todo o tecido social, do retroceso da participación nos centros educativos, o aumento da conflitividade, etc. Cuestións sobre as que debemos reflexionar e intentar dar unha alternativa en clave de cidadanía democrática e cultura de paz. Máis concretamente debemos respondernos a interrogantes como:
- ¿como aprender e ensinar desde e para a cidadanía democrática?,
- ¿como facer dos nosos centros escolas de cidadanía?,
- ¿temos un currículum que garante a aprendizaxe da cidadanía?,
- ¿temos unha política educativa que cultiva a cidadanía?,
- ¿cál é a situación da educación para a cidadanía na Galiza, así como no conxunto de España, e en Portugal?
- etc.
Pero ademáis da reflexión e do debate, os Encontros reservan parte do seu tempo para facer práticas nos obradoiros, escoitar experiencias, asistir á presentación de materiais, xogar cooperativamente, bailar danzas do mundo, etc. E, especialmente, encontrarnos, saber dos nosos proxectos, das nosas ilusións, dos nosos problemas e dificultades na construcción dun mundo máis pacífico e xusto. Todo elo desde o compromiso coa búsqueda da verdade e a esperanza.
Outro ingrediente fundamental desta edición é a aprobación dos estatutos e a eleición de cargos na xunta direitiva da Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ). Unha idea que e está a xestar no transcurso dos dous últimos Encontros e que pretende fortalecer a vida deste movemento transfronteirizo que encetamos hai máis de doce anos, e que no caso galego vai para case vintecinco anos.
Por todo elo, agardamos poder contar coa vosa presencia e participación activa. Até novembro.

PROGRAMA
Venres/6ª feira , 18 de novembro
16.00h.- Recepción
18.00h.- Xogos Cooperativos
19.30h.- Apertura e Boas vindas
19.45h.- Mesa redonda: “A Educación para a cidadanía no currículum: Criterios e necesidades”. Interveñen:
- Xesús R. JARES, Catedrático da Universidade da Coruña e Coordenador de Educadores pola paz-Nova Escola Galega. Membro de AGAPPAZ.
- Américo NUNES PERES, Profesor da Universidade de Tras os Montes e Alto Douro (UTAD) de Chaves. Membro de AGAPPAZ.
- Modera: Helena PROENÇA, Docente e membro de AGAPPAZ.
21,30h.- Cea/ Jantar.
22.30h.- Ponto de encontro. Presentación das organizacións, ponentes e persoas que van presentar experiencias e materiais. Dinámicas de presentación e coñecemento entre todos os asistentes.

Sábado, 19 de novembro
08.00h.- Almorzo/Pequeno almoço.
09.30h.- Tema de debate: “A Educación para a cidadanía na nova Lei de Educación”. Interveñen:
- Ilma. Laura SÁNCHEZ PIÑÓN, Conselleira de Educación da Xunta de Galicia.
- Representante do Gabinete de Educación para a cidadanía do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC).
- Modera: Xosé LASTRA (Mestre e Presidente de Nova Escola Galega).
11.30h.- Pausa
12.00h.- Conferencia-Debate: “A Educación para a cidadanía en Portugal: retos e necesidades”. Por Ilda FIGUEIREDO, Docente e eurodiputada.
Presenta: Santiago RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Docente e membro de AGAPPAZ.
13.45h.- Foto da paz.
14.00h.- Xantar/Almoço
16.30h.- Obradoiros (2 sesións de 2h cun descanso no medio): Cada participante escollerá un dos seguintes:
• “Danzas do mundo”, por Paulo FERREIRA RODRIGUES
(Professor na Área de Educação Musical da Escola Superior de Educação de Lisboa).

• "Educación Intercultural: ¿atención a minorías ou novo currículum?", por José Ángel ÁLVAREZ CIENFUEGOS e Chema CASTIELLO (Grupo Eleuterio Quintanilla de Asturies).

• “Animar a palabra com sombras chinesas”, por Eurídice ROCHA (Professora na Área de Educação Musical en Coimbra).

• “A poesía nas aulas”, por Bernardo CARPENTE (Mestre de Primaria en Vigo e membro de AGAPPAZ).

• “Dinámicas de grupo e xogos cooperativos”, por Miguel LIMA (Psicólogo/Formador, Barreiro, Portugal).

• “Aprender os dereitos humanos”, por Gloria RAMIREZ (Cátedra UNESCO da UNAM, México).

21.00h.- Cea/Jantar
22.30h.- Festa da Paz

Domingo, 20 de novembro
09.00 h.- Almorzo/Pequeno almoço.
10.00h.- Presentación de experiencias, comunicación e materiais.
11.30h. -Aprobación dos estatutos e designación de cargos na xunta direitiva da Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ) e Avaliaçión do Encontro .
12.00 h.- Descanso
12.30h.- Asamblea e avaliación do Encontro.
13.30 h- Solta da pomba da paz
14.00 h.- Xantar/Almoço.
15.00 h.- Clausura/Encerramento do encontro

EXPOSICION E VENDA DE MATERIAIS:
Durante o ENCONTRO haberá exposición e venda de materiais. As persoas/grupos que queiran desenvolver unha destas actividades deben comunicalo previamente á organización.

PRESENTACION DE COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS:
As persoas que queiran presentar experiencias ou comunicacións deben comunicarllelo á organización e adxuntar nun folio o resumo da mesma. Prégase acompañalo con soporte informático ou ser enviadas por correo-e á dirección: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Data tope de entrega: 31 de outubro.

PRECIOS:
1. Pensión completa a fin de semana máis matrícula en habitación dobre:
a) Socios de NEG ; socios do MEP; estudantes e parados/desempregados até o día 31 de outubro: 90 euros. Despois desa data: 100 euros.

b) Resto das persoas: 100 euros até o día 31 de outubro. Despois desa data o precio é de 110 euros.

Para facilitar o aloxamento AO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS NON HABERÁ HABITACIÓNS INDIVIDUAIS, agás de posibeis casos excepcionais dos que se informe á organización. Nos casos autorizados pola organización deberán pagar un suplemento de 30 euros.

2. Só matrícula (En caso de necesidade, darase prioridade aos que se matriculen en pensión completa) :
a) Ata o día 31 de outubro:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e parados/as: 30 euros.
- Resto: 40 euros.
b) Despois do 31 de outubro:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e parados/as: 40 euros.
- Resto: 50 euros.

CERTIFICACIÓN:
* Entregase certificado oficial aos asistentes así como aos que presenten experiencias/comunicacións.
* Para as/os estudantes das universidades solicitarase a concesión de 1,5 créditos de libre configuración.

INSCRIPCIONS:
Enviar a ficha de inscripción cuberta xunto coa fotocopia do xustificante da transferencia bancaria a:
A) PORTUGAL:
• EB1 nº 8 do Barreiro, Rua de Cabo Verde, 2830 Barreiro
Tfno/Fax:. 212033419 (Helena Proença)
Correo-e : Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

CONTA nº: 0141 091813300 da Caixa Geral de Depósitos
(Barreiro – Portugal)

B) GALIZA:
Educadores pola paz
Apdo. 577
36200 VIGO (España)

CONTA a nome de: Educadores pola Paz
Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.

MÁIS INFORMACIÓN:
PORTUGAL:
• EB1 nº 8 do Barreiro, Rua de Cabo Verde, 2830 Barreiro
Tfno/Fax:. 212033419 (Helena Proença)
Correo-e : Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

• EB1 nº 3 do Barreiro (Teresa Ferreira)
Tfno.: 21 2079343

GALIZA:
* Dto. de Pedagoxía e Didáctica: Tfno. 981 16 70 00. Ext. 1743 ou 1867
Fax: 981 16 71 53 (a atención de Xesús Jares)
Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
* Nova Escola Galega (NEG): Tfno/Fax: 981.56 25 77 ((lúns de 19 a 21,30 h. e xoves de 9 a 11h.). Correo-e: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

FICHA DE INSCRIPCIÓN
XIX ENCONTRO GALEGO-XII GALEGO/PORTUGUES DE EDUCADORES/AS POLA PAZ

Nome e apelidos: .....................................................................................................................................................
Domicilio: ................................................................................................................................................................
Localidade: ...............................................................................................................C.P…………..........................
Tfno: ………………………............................ Correo-e: …………………………………….........................
Centro de traballo: . ..................................................................................................................................................
Area ou materia que imparte: ..................................................................................................................................
Se vas presentar alguha experiencia/comunicación, indícanos o título: .................................................................
....................................................................................................................................................................................
Obradoiro ao que te apuntas (As prazas cubriránse por orde de chegada):
1ª Opción: Título do obradoiro/atelier: ....................................................................................................
2ª Opción: Título do obradoiro/atelier.......................................................................................................
Compartirei aloxamento con: ...................................................................................................................................
Socio/a de: .................................................................................................................................................................
OBSERVACIONS: ................................................................................................................................................. .................................................................................................................................................................................... 
 



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
Titulares
  • Pause
  • Previous
  • Next
1/5
Image Excursión á Illa de Tambo A Concellalía de Educación que dirixe Este Pérez, organiza unha excursión para os cativos á Illa de Tambo para o vindeiro sábado 15 de novembro. A excursión está dirixida a nenos maiores de 8 anos e o prezo por neno é de 7€. A saída será ás 9 da mañá desde a Oficina de Turismo e o regreso aproximado ás 14h.
Ler máis...
 
 
Gondomar
Monti Castiñeiras, Xabier Deive, Mela Casal e Leonel Vieira, onte, durante un descanso do rodaje no pazo Villarés. C. Pereira Un "pazo Baión" en Gondomar A actriz galega Mela Casal, convertida por maxia do celuloide na sinistra matriarca Marica Alberro, traza un escuro plan ante os seus irascibles fillo...
 
Opinión
Turismo y Medioambiente Es un contrasentido que un Concello que tiene el orgullo de presentarse como Municipio de Excelencia Turística no cuide más la ubicaci...
Axenda
Image Xeira cultural pola Foz do Miñor As Concellerías de Turismo e Cultura, organizaron conxuntamente durante os meses de xullo e agosto rutas culturais e naturais para dar a co&nti...
 
Trebellos
Image Oitavos en robocampeones! Este venres pasado, oito alumnos e alumnas de Baiona asistiron ó campionato de robótica “robocampeones“, en Madrid. Dous dos...
Música
Image Niño y Pistola en concerto no Marrucho O vindeiro venres 5 de setembro o grupo pop miñorán máis internacional Niño y Pistola voltan en concerto no bar Marrucho ...
 
Cultura
Image Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño Un ano máis, este outono, a partir do sábado 25 de outubro, celebraráse en Gondomar a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolañ...
 
Motor
Image Vehículos Hibridos II Continuando coa reportaxe anterior sobre os vehículos hibridos, ahora tocaba prestar atención o luxo, pasamos a Lexus...
 

Vigo Integra

Especial Plan Vigo Íntegra

A mina do Ulleiriño, en Baiona, unha das galerías drenantes mellor construída

Axenda

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

O Foucellas

 Verdadeiramente, a maior parte da xente contaba os feitos do “Foucellas” dándolle un aire de criminalidade, os menos, os entendían coma feitos de guerrilla contra o réxime franquista.” ...
Leer artigo ...

Reflexións

O curuto do corvo. Por Carlos Méixome¡Memoria! ¿Que memoria?

 O Cruceiro de San Campio

O tempo

El Tiempo en Nigran - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Rexístrate

Se queres participar, crea a túa conta en valminor.info





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Considera eficiente o servizo de recollida do lixo en Nigrán?
 

Faladoiro


Trebellos >>

Canal Trebellos

Trebellos e novas
tecnoloxías

Música >>

Canal Música

Actualidade e novidades
musicais do momento.

Cultura >>

Canal cultura

Actividade cultural do
Val Miñor e comarca.

Planeta Terra >>

Canal Plante Terra

O canal verde do Val.

Motor >>

Canal Motor

O mundo do motor en
galego.