Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 07/08
Portada arrow Opinión arrow Remexer na Historia
Remexer na Historia PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 24-10-2005

Visitas : 328


Por Carlos Méixome - Publicado no Xornal a Peneira.

003Polo mediodía do sábado quince, estivemos na Volta dos Nove para render homenaxe aos veciños do Miñor asasinados sesenta e nove anos atrás. Acudimos ao chamado dos organizadores a contemplar o bosque-escultura nacido da “vixiante intelixencia de Fernando Casás”, segundo dixo Pepe Cáccamo na súa fermosa e apaixonada intervención, e tamén para participar nun sinxelo e emotivo encontro coa memoria no mesmo lugar do crime, sutilmente dirixido por Ana María Rodríguez. Dende que no ano anterior se puxo en marcha a comisión para esta homenaxe moitas das persoas que a integran tiveron que escoitar certos reproches do estilo: “é mellor non remexer nesas cousas”, “o pasado xa alá vai”, “ e para que, ¡tantos anos despois!”. Cando os escoitas non deixa de entrarche un certo desacougo. Transcorreron tres décadas dende a desaparición do dictador e algo menos da amañada e inacabada transición á democracia, mais seica aínda non se pode falar con tranquilidade do que aconteceu naqueles meses do 36 e nos anos seguintes. Se é así, certamente necesitamos deste tipo de actos. Cumpre botar fora as pantasmas. A sociedade, como os individuos, necesita expresar, verbalizar os seus conflictos, as súas tensións. Actuais ou pasadas. E estas moito máis xa que sempre estarán a roer na conciencia individual ou colectiva. Sábeno ben algúns que dende hai anos promoven interesadas e perversas “revisións” dos crimes nazis e fascistas, enganosas xustificacións da sublevación fascista do 36 ou pretenden establecer manipuladoras similitudes entre “uns e outros” tanto na guerra española como na europea e mundial.

Houbo tamén que escoitar a estes últimos: “si moi ben pero un monumento a todos, a uns e aos outros”. Os que así se expresan fano dende a insania moral e o cinismo. Non se poden equiparar agresores e agredidos que ademais no noso caso, no da Galiza mártir debuxada por Castelao, nin defenderse puideron. No Val Miñor e en todos e cada un dos recunchos do noso país, naqueles meses do 36 e nos anos seguintes tivo lugar un xenocidio planeado, organizado, sistemático, no que se procedeu á eliminar aos homes e mulleres identificados coas ideas democráticas e rexeneradoras que a ilusión republicana fixera abrollar como un rico e abondoso manancial. Lembraba Xosé Lois Vilar os seus oficios: “sete mariñeiros, un labrego e un ferreiro”, recórdanos Xoán González a súa participación na Sociedade de Mariñeiros de Panxón ou na de Campesiños de Sabarís.

A iniciativa da Consellería de Cultura de impulsar ao longo do próximo 2006 unha serie de actividades para a recuperación da memoria histórica parece o máis acaído, non só por razóns de xustiza senón tamén de saúde mental colectiva. Así o expresou Luís Bará que tamén estivo presente no acto e quen dende a súa Dirección Xeral apoiou decisivamente a realización deste monumento-homenaxe.

Alí estaban tamén moitos familiares dos asasinados que contiñan a emoción ao escoitar a Xosé Lois Vilar dicir: “pero ningún lugar no noso corazón como A VOLTA DOS NOVE a beira deste mar de BAIONA de MIÑOR. Vai por eles, polo Aballe, Antonio, O Gonda, O Lijó, O Rei Chiquito, O Pelonio, Tío Félix, Manolo Barbosa, por Generoso e por vós fillos que o sufristes”.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >