Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow Plácido Castro en A Coruña
Plácido Castro en A Coruña PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 15-11-2005

Visitas : 433


Logotipo, obra de Pepe CarreiroO próximo mércores inícianse na Fundación Luis Seoane, en A Coruña, as sesións dun Congreso sobre a figura de Plácido Castro (1902-1967), que rematará en Corcubión no sábado, onde, entre o recitado dos poemas traducidos por el mesmo, dedicarase o seu nome á Biblioteca Pública Municipal.

 

Durante tres días, diversos especialistas e coñecedores da vida, obra e pensamento deste insigne galeguista, tratarán de resaltar as valiosas aportacións realizadas por este tradutor, xornalista e político que tanta orixinalidade ten achegado á teoría e práctica da acción cultural e cívica a prol do recoñecemento da identidade galega.

Entre os participantes cómpre citar a Ramón Villares, Camiño Noia, Xulio Ríos, Fernando Pérez-Barreiro, Xosé Luís Franco Grande, Luís Álvarez Pousa, entre outros. O Congreso conta co aval das tres Universidades galegas e coa inspiración do IGADI, que dirixe Xulio Ríos, promotor da Fundación Plácido Castro, que preside a súa filla, Susi Castro, quen estará presente no Congreso. A Consellería de Cultura asume a organización e patrocinio do evento.

Segundo Xulio Ríos, o Congreso é un acto de xustiza histórica e debe servir para resaltar o valor das contribucións de Plácido Castro, identificar as carencias existentes na investigación arredor da súa figura e estimular a atención dos historiadores e analistas para superalas adecuadamente. Na súa opinión, Plácido Castro, non só merece ser mais coñecido no noso propio país, senón mais recoñecido polo carácter pioneiro desenvolvido en moitas das facetas que acometeu, dende o pensamento político ata a tradución ou o xornalismo.

 Ir á páxina de inicio

Máis información en:
http://www.edixitos.com/pcastro/ 
http://www.igadi.org

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?