Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow PREOCUPA Nigrán
PREOCUPA Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 22-11-2005

Visitas : 789


DSCN2789Por Carlos Méixome - Publicado na Peneira

Nalgúns círculos da cidadanía miñorá, hai tempo que preocupan, e profundamente, os insistentes rumores sobre determinadas inversións que seica se están a producir no concello de Nigrán. Segundo ese ruxerruxe, importantes inversores adquiriron nos últimos tempos extensas fincas, algunhas delas vencelladas a relevantes bens patrimoniais. A mesma rexouba orienta esas inversións cara a proxectos relacionados coa construcción. Tampouco é nada novo e o petisco ben apetecible: aproveitar as circunstancias para mercar a bo prezo contando coa posibilidade, ou mellor coa seguridade, de que axiña se converterán en terreos edificables e ben comunicados, nun atractivo Val Miñor, próximo a Vigo, con praias, aeroporto, autoestrada ata a porta... e mesmo cun polígono industrial que non vai ser tal, senón de servizos. Dos tres concellos miñoráns, a estas alturas do século XXI, só Gondomar ten Plano Xeral. Cos seus problemas, sen infraestructuras, sen aparcamentos, con discrepancias e decisións discutibles, pero teno. Esta é a circunstancia que está a permitir o seu crecemento harmónico e ordenado, estámonos a referir á vila. É o plano urbanístico o que está a consolidar un centro urbano de servizos e a coutar o caos nas parroquias.

Mentres, en Nigrán, a ausencia dun ordenamento xeral facilita e fomenta, dende hai moitos anos, a actuación de capital especulativo. Seica nos últimos tempos, mesmo en grandes dimensións. Sempre é mellor o peor Plano Xeral que non ter ningún. O caso de Baiona é bastante similar. Esta realidade urbanística explicaría tamén que sexa no concello de Gondomar onde hai unha certa lóxica representativa, con presencia dos tres grandes partidos políticos,mentres que nos outros dous, os gobernos municipais seguen a estar mediatizados por grupos de interese que acostumamos a denominar “independentes”.

A preocupación de moitas persoas que elixiron o Val Miñor para residir e non queren que este fermoso anaco do país se converta nunha Costa do Sol do Atlántico cun monocultivo de turismo, tornouse en desacougo cando se coñeceu a nova de que lle prenderan lume ao coche do portavoz municipal do BNG en Nigrán.

O desacougo aumenta se pensamos que nos días anteriores David Xiráldez denunciara unha tala indiscriminada de árbores na península de Monteferro e argüía que a construcción dunha ampla estrada con beirarrúas e abundante iluminación non era un paseo senón abrir as portas á invasión de ladrillo e formigón nunha das escasas paraxes naturais que se conservan na costa miñorá. Non temos ningunha información para establecer relación entre un feito e o outro, mais tampouco para desbotala.

O novo goberno galego vai ter que fíar ben fino. Proxectos de urbanizacións, ás veces apegadas a campos de golf, en áreas de influencia de pazos, en espazos naturais ou de propiedade comunitaria van chegar a manchea aos seus despachos. As presións serán moitas e os que sempre prefiren o seu propio beneficio ao patrimonio común non dubidaran en saírse coa súa.

Aos que nos gustaría unha alongada e ordenada, e xa imposible, Barcelona do Atlántico, dende Chapela a Baiona, como soñara Antonio Palacios, deberiamos espelirnos un pouquiño para dificultar, cando menos, estas “indecentes proposicións”. 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa