A corporación municipal de Nigrán debaterá o vindeiro venres unha modificación puntual das normas subsidiarias para a creación dun novo enlace co futuro polígono industrial de Porto do Molle desde a estrada de Camos. Este vial duns dous quilómetros de lonxitude conectará co futuro parque empresarial e de servizos, que tamén disporá dun enlace directo coa autopista do Val Miñor.
O Concello espera a colaboración vecinal coa cesión dos terreos. Nigrán aposta por un novo vial a Porto do Molle www.lavozdegalicia.es