Sábado, 19 Apr. 2014

Actualizado06:18:14 PM GMT

Estás en Gondomar EU presentou unha proposta para fornecer a iniciativa popular nos temas municipais de Gondomar.

EU presentou unha proposta para fornecer a iniciativa popular nos temas municipais de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
delvinoeu
Download this file (Mocion EU.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Co obxectivo de aumentar a participación ciudadá na xestión do goberno local, Esquerda Unida de Gondomar pretende baixar do 15% ao 3% o números de veciños necesarios para exercer o dereito de Iniciativa Popular no ámbito municipal. A iniciativa foi presentada formalmente na pasada xornada ao alcalde Fernando Guitián, quen comprometeuse a estudar a moción e dar unha respota, segundo informou Delvino Domínguez, coordinador local de EU. A proposta de regulamento do exercicio da iniciativa popular, inclúe o ámbito parroquial, cun requisito neste caso do 5% do último censo electoral na devandita parroquia. A partir desta xornada, EU comezará unha rolda de conversacións co resto das agrupacións municipais de Gondomar, a fin de buscar apoios á moción.

 

Na actualidade unha iniciativa popular no concello de Gondomar require próximo a 1.800 firmas de veciños para que poida chegar a ser tratada polo pleno da corporación municipal, sen que pase necesariamente por unha das agrupacións políticas con representación no mesmo. De levarse a cabo o proxecto de regulamento proposto por EU, bastaría con pouco máis de 350 sinaturas de veciños.

Segundo Delvino Domínguez, "Unha das bases principais do programa electoral que EU Gondomar presentou nas pasadas Eleccións Municipais é a participación real e efectiva dos cidadáns, entendendo a democracia como algo máis que o exercicio de emitir un voto cada catro anos."

A proposta

"A nosa proposta baséase en dúas cuestións principais, por un lado a posibilidade de presentar iniciativas avaladas polo 3% de firmas do censo das últimas eleccións municipais para os temas pertencentes ao ámbito municipal e o 5% para temas que afecten ao ámbito da parroquia, e por outro a posibilidade de expoñelas e defendelas no Pleno", explicou Domínguez. O coordinador local tamén salientou que "é importante que se establezan garantías para que estas iniciativas populares sexan de doada execución, non queden nun caixón e sexan tratadas no Pleno nun prazo prudencial."

A actual normativa

O dereito de iniciativa popular nos gobernos locais está rexido polo artigo nº70 da lei Reguladora de las Bases del régimen Local (7/1985), a que esixe para as poboacións entre 5.001 a 20.000 habitantes, que estas iniciativas sexan subscritas por un 15% dos veciños inscritos no derradeiro censo electoral do municipio.

A mesma norma ordena aos Concellos no seu artigo nº 69, "establecer y regular en normas de carácter orgánico procedimientos y órganos adecuados para la efectiva participación de los vecinos en los asuntos de la vida pública local, tanto en el ámbito del municipio en su conjunto como en el de los distritos, en el supuesto de que existan en el municipio dichas divisiones territoriales." Nese senso, EU solicita que tamén o futuro regulamento inclúa o dereito de iniciativa popular para temas parroquiais.

Finalmente, Domínguez manifestou que "Non ter conseguido representación no Concello non nos permite sacar adiante esta cuestión tan importante para nós, polo que solicitamos dos partidos políticos que si o poden facer que o fagan e que permitan que os cidadáns de Gondomar poidan presentar iniciativas para que sexan debatidas no pleno".