Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG de Gondomar propón que a Igrexa Católica pague o IBI.

O BNG de Gondomar propón que a Igrexa Católica pague o IBI.

Correo-e Imprimir PDF
bng gondomar

O BNG de Gondomar presentou por medio do rexistro municipal unha petición de moción dirixida a propor ao Goberno do Estado que realice as xestións necesarias para acadar a supresión das exención impositivas que goza a Igrexa Católica. Nomeadamente os nacionalistas esixen que esa institución abone o IBI polos seus bens, dos que só en Galicia posúe 7.691 inmóbeis por un valor catastral de 426 millóns e euros.

 

Na moción tamén se reclama instar ao Parlamento e á Xunta de Galiza a que asuman esta mesma demanda e se insta ao Goberno municipal a realizar un censo municipal dos inmóbeis pertencentes á Igrexa Católica e a outras confesións relixiosas.

Ante a ausencia de representantes do BNG na actual corporación de Gondomar, a proposta deberá ser admitida polo alcalde municipal para a súa inclusión na orde do día do Pleno da corporación.