Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Segundo intento: o NPC pedirá aos concelleiros de goberno de Gondomar que rebaixen as súas nóminas.

Segundo intento: o NPC pedirá aos concelleiros de goberno de Gondomar que rebaixen as súas nóminas.

Correo-e Imprimir PDF
arauxo-crego-npc

Os nacionalistas intentarán por segunda vez no ano rebaixar as nóminas dos seis concelleiros do bipartito con dedicacións no goberno municipal de Gondomar. Nesta ocasión aumentan a aposta, e en vez do 50% solicitado en febreiros, agora lles piden un "xesto exemplar de austeridade ante a crise" cunha diminución do 60% dos seus salarios. A redución produciría un aforro próximo aos 100 mil euros anuais, segundo cálculos do concelleiro Emilio García Crego (NPC), que de aprobarse no vindeiro pleno, se destinarían a aumentar as partidas orzamentarias de carácter social.

 

A iniciativa foi presentada este venres 1 de xuño polos concelleiros do Novo Proxecto Común, Xosé Antón Araúxo e Emilio García Crego, na nova sede da agrupación. Segundo cálculos dos nacionalistas, os cargos de goberno con dedicación cústanlle ao municipio 208 mil euros anuais. Lembran que no pleno de organización onde foron votadas esas cifras o alcalde Fernando Guitián xustificou esas cantidades "na necesidade de garantir a eficacia e eficiencia na xestión do goberno", dende o punto de vista de acadar unha "axeitada vinculación dos concelleiros con responsabilidades de goberno nos asuntos públicos".

Os mocionantes entenden que nada diso ocorreu a un ano de xestión do equipo encabezado por Fernando Gutián. Denuncian unha constante perda de subvencións por falla de xestión que entre outras implicaron a perda de melloras na situación do Polígono Industrial de A Pasaxe, nun marco de case dous mil parados no municipio. Agregan que en materia urbanística nada avanzou a tramitación do PXOM, e que nun ano só se concederon dúas licencias de novas construción. A iso agregan rebaixas na becas para comedores escolares, paralización do proxecto do Centro de Saúde, e ineficiencia na xestión administrativa como ser a demora na presentación dos orzamentos municipais.

O concelleiro Araúxo afirmou que trátase dunha "moción indignada". Consultado sobre a posible segunda negativa dos membros do goberno bipartito a aceptar a rebaixa das dedicacións, Araúxo sostivo que serán os veciños de Gondomar os que deberán xulgar o resultado final da votación.