Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar celebra a I Festa Medieval do 24 ao 26 de agosto

Gondomar celebra a I Festa Medieval do 24 ao 26 de agosto

Correo-e Imprimir PDF
fiesta medieval_debuxo

Durante tres días a vila de Gondomar intentará recuperar o seu pasado medieval. Xograres, artesáns, zancudos e guerreiros transitarán entre a Praza da Alameda e a Praza do Concello, dando vida a esta recreación histórica que levará por nome "I Festa Medieval de Gondomar".

 

A actividade se desenvolverá en horario de 11 a 15 horas e de 17:30 a 24 horas, segundo anunciou o Concello. A mesma contará coa posta en marcha de diferentes talleres nos que se amosará o traballo tradicional de canteiros, ferreiros, tallado de ouro e soprado de vidro, entre outros. En paralelo habilitarase na praza do Palco da Música un espazo dirixido aos cativos, que contará con diferentes xogos e obradoiros de maquillaxe.

A rúa será escenario durante toda a fin de semana de espectáculos de monicreques, zancudos e pasarrúas e tamén acollerá a representación teatral da peza 'A captura do dragón', protagonizada por un dragón xigante articulado que require a manipulación de tres profesionais para ser movido.