Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar celebrará unha xornada técnica para combater ao Escaravello Vermello das palmeiras

Gondomar celebrará unha xornada técnica para combater ao Escaravello Vermello das palmeiras

Correo-e Imprimir PDF
escaravello-vermello

- Esta praga xa obrigou a cortar 4 palmeiras na parroquia de Borreiros.

-Organizada polo COIAG e a Consellería de Medio Rural e do Mar, terá lugar o mércores 6 no Centro Neural do municipio

-A sesión está dirixida a profesionais do sector e constará dunha parte teórica e outra práctica

Ante o primeiro positivo do Escaravello Vermello (Rhynchophorus ferrugineus) en palmeiras detectado na provincia de Pontevedra, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia (COIAG) en colaboración coa Consellería de Medio Rural e do Mar e o Concello de Gondomar, realizarán unha xornada práctica na que se ensaiarán e aplicarán as técnicas aplicadas para combater esta praga.

A sesión, dirixida a profesionais do sector de xardinaría, responsables de parques e xardíns municipais, viveiros, enxeñeiros dedicados ao sector ornamental e paisaxismo, terá lugar no Centro Neural de Gondomar o próximo mércores, día 6.

A xornada desenvolverase dende as 09.00 a 19.30 horas e dividirase nunha parte teórica e outra práctica que incluirá o recoñecemento de palmeiras sospeitosas, demostración en campo e técnicas de cirurxía e aplicación de endoterapia, técnicas de recuperación e de control, entre outras actuacións.

Dende a Concellaría de Medio de Gondomar prevese que esta xornada será de grande utilidade para facer fronte a esta praga que xa obrigou a cortar 4 palmeiras na parroquia de Borreiros.