Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Tentan raptar a un neno en Gondomar a plena luz do día.

Tentan raptar a un neno en Gondomar a plena luz do día.

Correo-e Imprimir PDF
rua-ameixeira

O intento de rapto sucedeu sobre as 11 horas da mañá do mércores cando o menor de 12 anos transitaba pola beirarrúa da Avenida Ameixeira a poucos metros da rotonda coa Avenida Don Diego Sarmiento de Acuña, en Gondomar. Un home adulto que conducía un turismo gris intentou en dúas ocasións abordar ao cativo convidándoo a subir ao coche. O rapaz logrou fuxir atravesando un campo baldío mentres o home acosábao a gritos desde o automóbil.  A familia do cativo presentou denuncia ante a Policía Local de Gondomar.

A plena luz do día

A familia de Muchi Valverde, coñecida veciña que rexenta o Bar Gondomar, viviu un verdadeiro inferno na mañá deste mércores cando o seu fillo informoulles que un home tentara abordarlo mentres camiñaba cara a súa casa. A plena luz do día, o cativo transitaba pola estrada de Gondomar - Vincios, en dirección a Vilaza cando un turismo de cor gris, que transitaba en dirección contraria detivo a marcha e comezou a dar berros para chamar a súa atención.  Segundo o relato da familia, ao grito de “Guapo”, o presunto pederasta convidabao a subir ao coche. Como o rapaz non fixo caso, o condutor puxo o coche en marcha e deu a volta na rotonda para cortarlle o paso e aproximarse ao cativo. Con palabras agarimosas, tentaba convencelo para que subise ao coche. O cativo logrou fuxir atravesando un campo baldío e finalmente puido chegar a súa casa e dar conta ao seu pai do sucedido.

A familia quere advertir á veciñanza pola seguridade dos nenos nas rúas.

A familia denunciou os feitos inmediatamente na Policía Local de Gondomar, que ten agora a cargo as investigacións. Entre mentes, a nai do cativo sinalou a Valminor.info a súa preocupación polo sucedido, o que cambia drásticamente a confianza da veciñanza pola seguridade dos nenos habituados a transitar libremente e con seguridade polas rúas da vila. Por outra banda, informou que o neno atópase aínda afectado e non quere saír da súa casa.

Ademais da denuncia, Muchi Valverde quixo comunicar o sucedido no seu desexo de advertir aos veciños de Gondomar e contorna, ante a posibilidade de que a persoa que tentou secuestrar ao seu fillo intente regresar pola zona.