Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Veciños denuncian a presenza dun vertido incontrolado de “augas negras” sobre o Río Morgadáns.

Veciños denuncian a presenza dun vertido incontrolado de “augas negras” sobre o Río Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
ver1
ver2
ver3
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Veciños de Chaín denuncian un vertido de grandes proporcións de “augas negras” á altura da ponte do barrio de A Torre.  Unha tubaxe que vai directamente á canle do río Morgadáns está a botar inxentes cantidades de augas residuais dende fai un ano, segundo informan dende o lugar (ver galería de imaxes). “O cheiro tírache para atrás”, sinala indignada unha das afectadas quen ademais amosa o cartel da Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar onde con data decembro de 2012, se dá conta dunha intervención para a “Protección e conservación da calidade das augas no Río Morgadáns mediante reparación e cambios de equipos para o correcto funcionamento e aumento do caudal de bombeo de augas residuais en Chaín”. Obra cuxo investimento alcanzou os  38.455,41€. O cartel está situado xusto nas inmediacións do verquido.

Os vertidos de augas fecais ou residuais ao río Morgadáns ao seu paso por Chaín xa foran motivo reiterado de denuncias tanto por parte dos veciños como de membros do pleno de Gondomar. Todos coinciden en sinalar as deficiencias dunha pequena estación de bombeo, que a pesar dos investimento nela realizados, non é capaz de evacuar con solvencia.

Segundo explicara en novembro de 2013 –nun episodio similar-  o concelleiro Xosé Antonio Araújo (ANOVA), a estación de bombeo instalada no barrio da Torre-Chaín, ao carón da Ponte da Serra, foi construída a primeiros dos anos 2000, "por mor da incapacidade política do goberno municipal (daquela de Carlos Silva) que non foi quen expropiarlle a zona de paso pola beira do río a un particular para pasar as tubaxes do saneamento e así evitar o devandito bombeo".