Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Un borrador do PXOM de Nigrán entregado aos técnicos municipais esperta polémica PP-PSOE.

Un borrador do PXOM de Nigrán entregado aos técnicos municipais esperta polémica PP-PSOE.

Correo-e Imprimir PDF
O PXOM é parte dos acordos asumidos entre o PP e o PSOE en Nigrán.

O equipo redactor do Plan Xeral de Ordenamento Municipal de Nigrán entregou na mañá deste xoves 19 de maio, un borrador do Documento para Aprobación Inicial do PXOM aos técnicos do Concello. Do mesmo xeito entregou para estudo técnico antes da remisión á Xunta de Galicia o borrador para a Modificación das Normas Subsidiarias para o ámbito da parroquia de Chandebrito. A existencia do borrador coñeceuse sobre as 18 horas a través dun comunicado do PP de Nigrán, onde se acusaba ao goberno municipal de non dar aviso aos populares e aos veciños para "apuntarse un tanto de cara a la cita del próximo domingo, un tanto que no les pertenece”, pois segundo o concelleiro Alberto Valverde " de no haber sido por el trabajo del PP de Nigrán la aprobación del PGOM estaría en un estado aún embrionario". Pola súa banda, o concelleiro Juan González (PSOE) negou calquera intención de ocultarllo e lamentou que Valverde rompera o compromiso de non incluír o PXOM na campaña electoral.

Unha vez estudado polos técnicos municipais e contrastado co equipo redactor "será presentado oficialmente no Concello para proceder a súa remisión á Xunta de Aprobación Inicial", sinalou Juan González 1º Tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo. Segundo González se cumprirán "os prazos comprometidos nas diferentes reunións cos representantes dos grupos municipais", aos efectos de "continuar co proceso para que Nigrán teña un Plan de Ordenación transparente e consensuado no menor prazo de tempo posible."

Sen embargo en filas populares acusan ao goberno municipal de ocultar a existencia do devandito borrador. Alberto Valverde manifestou que " hacemos pública esta situación porque los vecinos deben conocer con transparencia que hemos estado trabajando para que Nigrán tenga un plan general cuanto antes y que, por el contrario, el PSOE ha escondido la realidad del documento, sin transparencia, por una cuestión de estrategia electoral”.

A xestión consensuada entre populares e socialistas para sacar adiante o PXOM de Nigrán na maior brevidade foi froito dunha serie de acordos entre ambas colectividades maioritarias no municipio. Os mesmos foron postos de manifesto publicamente nunha rolda de prensa en decembro de 2010.