Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán terá o seu punto limpo na zona de Porto de Molle.

Nigrán terá o seu punto limpo na zona de Porto de Molle.

Correo-e Imprimir PDF
Valverdepuntolimpo

 

O punto limpo de Nigrán situarase na zona de Porto de Molle. Así o informou esta tarde o alcalde Alberto Valverde, quen adiantou que en dez días estará rematado o proxecto e a súa posta en licitación. Logo dunha reunion mantida na pasada xornada con técnicos da Xunta, Valverde asegurou que a infraestrutura ten unha execusión estimada de seis meses, polo que cabe esperar que estará operativa no transcurso deste ano.

O alcalde situou o emplazamento do punto limpo “ en la zona posterior de los terrenos municipales en los que se encuentra la estación depuradora” municipal (EDAR). Un enclave estratéxico por atoparse na zona do polígono industrial e por ser o servizo esencial para as empresas instaladas no municipio pois ata de agora non dispuñan dun sitio onde desprenderse legalmente dos seus residuos.

Os terreos do futuro punto limpo foron visitados onte polo alcalde e o concelleiro de Obras José Álvarez, acompañados por técnicos do Departamento de Calidade e Avaliación Medioambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Valverde agradeceu aos técnicos a celeridade coa que se está a traballar dende a Consellería neste proxecto. “La creación de un punto limpio en Nigrán es una actuación prioritaria tanto para la Xunta de Galicia como para este ayuntamiento, tal y como avanzamos en nuestro programa electoral”, observou Valverde.

O rexedor salientou que a posta en funcionamento do punto limpo optimizará a recollida de voluminosos, podas e outros residuos do municipio, á vez que simplificará os procesos de reciclaxe.

Más allá de discursos demagógicos vacíos y carentes de contenidos, estas actuaciones demuestran el esfuerzo real y prioritario y el compromiso por parte del gobierno municipal con el medio ambiente”, manifestou o rexedor.