Domingo, 23 Nov. 2014

Actualizado12:32:50 AM GMT

Estás en Nigrán Nigrán subirá o prezo do recibo da auga para sufragar as obras de ampliación da ETAP

Nigrán subirá o prezo do recibo da auga para sufragar as obras de ampliación da ETAP

Correo-e Imprimir PDF
Visita do conselleiro de medioambiente o pasado verán
Download this file (Proposta comision ETAP (1).pdf)
Download this file (Informe_tecnico_analisis_diferencias.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

O pleno de Nigrán debatirá hoxe a aprovación dun convenio co organismo autónomo Augas de Galicia para a realización das obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Condominguez para poder cubrir a demanda de auga potable que xerará o novo Parque Empresarial de Porto do Molle.

O PSOE denuncia que o convenio establece un incremento do recibo da auga para sufragar o total da obra que ascende a máis de 1 millón de euros.

En Maio de 2007 un informe pericial do proxecto de urbanización de Porto do Molle realizado polas asociacións de veciños, destapaba a omisión e a falta de previsión por parte de Zona Franca das infraestructuras necesarias para garantir o  abastecemento de auga coa posta en marcha do Parque Empresarial. Unha omisión que de non ser advertida polos colectivos implicaba que as arcas municipais terían que sufragar o custe da ampliación da ETAP dado que a capacidade actual non chegaría para cubrir toda a demanda.

Esta "eiva" supuña para Zona Franca un aforro de máis de 1 millón de euros, según os custes actuais da obra,  cando por lei se establece que debe ser o propietario dos terreos o que ten a obriga de asumir os custes de urbanización das obras realizadas.

O 3 de febreiro de 2009, o anterior goberno socialista de Efrén Juanes facía público o anuncio do abono por parte de Zona Franca de 4,7 millóns de euros en concepto de aproveitamento urbanístico do 5% do millón de metros cadadros do Parque Empresarial.  Na mesma data o concello facía mención ao inicio das conversas para a firma dun convenio de cooperación con Augas de Galicia para a realización das obras de ampliación da ETAP de Condominguez, en Priegue, recollida xa nun novo documento onde o concello pasaría a sufragar o 20% do presuposto das obras e organismo autonómico o 80% restante.

Daquela o goberno socialista manifestaba a intención de cubrir ese 20% correspondente ao concello con cargo aos 4,7 millóns recibidos polo aproveitamento urbanístico de Porto do Molle, pero en ningún caso Zona Franca asumiría o 100% do gasto como correspondería como propietario dos terreos.

En debembro de 2011 Alberto Valverde anunciaba a firma do convenio deifnitivo con Augas de Galicia para a realización das obras e aseguraba según o comunicado "estar realizando las gestiones oportunas para obtener el máximo beneficio para el ayuntamiento, y reducir al máximo la aportación del ayuntamiento a esta actuación que asciende a una inversión total de unos 1 millón de euros."

O alcalde establecía como prioritario proveer a todas as parroquias do municipio dun servizo de abastecemento, principalmente para as parroquias de Parada de Camos.

O novo convenio con Augas de Galicia.
O documento que se levará hoxe ao pleno do concello de Nigrán e que foi aprobado pola Comisión de Asuntos Xerais cos votos a favor do Partido Popular, establece no punto número 8. un incremento paulatino das tarifas en concepto de "amortización das instalacións construídas" e os gastos de explotación e amortiazación, unha cantidade que superará o millón de euros iniciais da obra e que repercutirían directamente no recibo da auga según se desprende do documento.

O PSOE é contrario á aprobación deste convenio e tacha de "irresponsable" a Alberto Valverde por ir en contra dos informes técnicos.
Juan González, nun comunicado emitido onte, nega que sexan certas as afirmacións do goberno municipal referente ao pago por parte da Xunta das melloras da ETAP e advirten dun incremento das taxas de abastecemento de auga. González acusa aos populares de levar ao pleno un convenio que conta con reparos por parte dos servizos económicos do propio concello.

"As numerosas declaracións do Alcalde de Nigrán indicando que gracias as súas xestións as melloras na ETAP as pagaría a Xunta de Galicia voltan a ser un engano total e absoluto e serán finalmente os veciños e veciñas de Nigrán que verán incrementadas as súas taxas para "devolver o préstamo" do goberno autonómico." manifesta o portavoz dos socialistas, que engade que serán os veciños de Nigrán non só os que paguen o 10% das obras correspondentes ao concello, si non os que financiarán o total da obra máis os gastos de explotación e amortización, que nun primeiro termo adiantará a Xunta.

"Isto é un auténtico disparate e un atentado máis de Alberto Valverde contra a economía dos nosos veciños que ven a unirse a suba xa indiscriminada de taxas e impostos aprobadas para esta ano 2012."

Os socialistas esixirán no pleno que sexa a adminsitración central (Zona Franca) e a autonómica (Xunta de Galicia), os que sufraguen o total da obra dado que son para abastecer a actividade de Porto do Molle e que polo tanto non sexan os veciños os que solucionen os problemas económicos das citadas adminsitracións.