Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE denuncia que as obras do novo Punto Limpo irán con cargo a unha nova suba de impostos municipais

O PSOE denuncia que as obras do novo Punto Limpo irán con cargo a unha nova suba de impostos municipais

Correo-e Imprimir PDF
Juan González apunta a unha nova subida das taxas para sufragar o Punto Limpo
Download this file (Punto Limpo Nigran.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os socialistas xustifican a súa abstención no último pleno municipal, no referente á votación do proxecto de construción dun Punto Limpo, ante a falta dos informes técnicos e económicos do proxecto.

Os socialistas apuntan a un novo incremento dos impostos municipais para sufragar esta nova infraestructura.

O Pleno Odinario do Concello de Nigrán da pasada semán,  aprobou cos votos favorables do Partido Popular e de UCN e a abstención do Grupo Socialista e do BNG, a solicitude de realización do proxecto de construción dun punto limpo en Nigrán. Segundo o comunicado emitido polos socialistas, o proxecto foi "vendido antes os medios de comunicación antes do pleno cando non existes realmente proxecto ningún".

O seu portavoz, Juan Gonzalez, manifesta nun comunicado que ante a falta dos informes técnicos e económicos e a documentación relativa ao proxecto, tanto PSOE como BNG solicitaron o luns 20 de febrerio, días antes á celebración do pleno, a documentación para poder tomar unha decisión. González afirma que Alberto Valver negouse a aportar a citada documentación.

González engade no comunicad oque  "A Xunta pide informes xustificativos da necesidade dos proxectos e unha xustificación económica da porcentaxe de financiamento autonómico que se solicita para o proxecto. Algo que no caso do Punto limpo non figura en ningún sitio. O alcalde de Nigrán esixe por a disposición os terreos necesarios pero nin el soubo dicir cales eran esos terreos e moito nos tememos que nin Alberto Valverde sabe cales son."

Por otrua banda o PSOE apunta a un novo incremento dos impostos municipais para sufragar esta nova obra. Segundo asegura o PSOE, a Xunta de Galicia esixe reuniciar á retención das acehgas das taxas ou impostos locais e esixen ao concello  o compromiso de de asumir os gastos de mantemento e conservación do Punto Limpo.

O PSOE pediu no pleno aparcar este punto ata a aportación dos informes técnicos e económicos para o seu estudio, algo que foi rexeitado e que según González manifesta a postura do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde que "voltou a porse de lado da Xunta de Galicia e deixar que sexan os veciños e veciñas de Nigrán quenes paguen de novo unha infraestructura que lle compete e corresponde xestionar á Xunta de Galicia."