Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Populares de Nigrán defenderon a reordenación de fondeos en Panxón proposta por Portos de Galicia.

Populares de Nigrán defenderon a reordenación de fondeos en Panxón proposta por Portos de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
porto panxon
Download this file (24-03-2012-0828-35.pdf)
Download this file (enmenda_mocion_marinheiros_panxon_pp_nigran.pdf)
Download this file (Mocion_psoe_porto_panxon_marzo_2012.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte


A maioría popular no pleno da corporación de Nigrán rexeitou esta mañá a proposta da moción dos socialistas cara a paralizar as obras da liña de pasaxeiros (Baiona -Panxón - Illas Cíes), no porto de Panxón. A proposta do PSOE instaba a Portos de Galicia a elaborar un estudo de viabilidade das mesmas que, de forma previa, solucionase "a ubicación e seguridade das embarcacións e mariñeiros de Panxón". Pola contra, os populares sacaron adiante unha "moción de enmienda" na que se salienta o apoio da administración local ao proxecto da liña naviera "garantizando a súa compatibilidade co traballo dos mariñeiros de Panxón".

Na exposición oficial, o alcalde Alberto Valverde informou que na última reunión cos técnicos da administración portuaria se chegou a un entendemento entre ambas partes na necesidade dunha reordenación de fondeos que non perxudique a labor dos traballadores do mar. Nese senso, o rexedor adiantou que Portos estuda unha posible ampliación do actual espigón do porto nigranés.

A polémica xorde a raiz das protestas dos mariñeiros cando uns bandos firmados por Portos de Galicia lles impedía o paso á zona portuaria de traballo e lles instaba a retirar as artes de pesca para o ancondicionamento da zona para a entrada en funcionamento do servizo de transporte de ría.

Pola súa banda, os socialistas advertiron da súa preocupación pola posible localización do atraque dos barcos da liña Panxón - Cíes baixo unha grúa utilizada polas embarcacións do porto para todo tipo de arranxos. O socialistas sostiveron que trataríase dunha "autentica temeridade", pois os pasaxeiros transitarían todo o tempo por baixo da grúa no lugar "máis perigoso do peirao".

Os socialistas sinalan que Alberto Valverde presentou as súas enmendas á moción do PSOE a "touro pasado" e sen seguir o procedemento administrativo de rexistro en tempo e prazo, dado que o documento dos populares é dun día antes da convocatoria oficial do pleno 23 de marzo, logo de que o PSOE presentara a súa moción por rexistro 7 días antes. González engade que as enmendas foron presentadas na Comisión Informativa previa ao pleno que según manifesta "desnaturalizan por completo a moción presentada polo PSOE sobre a defensa dos mariñeiros de Panxón".

A moción aprobada tamén dispón que o Concello busque fórmulas de ampliación das prazas de aparcadoiros dispoñibles na zona ante o posible crecemento do tráfico unha vez posta en marcha a liña.