Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Fernández Comesaña cualifica como deficiente e errónea á actual redacción do PXOM de Nigrán

Fernández Comesaña cualifica como deficiente e errónea á actual redacción do PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
antonio fernandez

O concelleiro Antonio Fernández Comesaña cualificou á actual redacción do PXOM de Nigrán como "muy deficiente", sustentadora dun modelo de municipio "erróneo" baseado en vivendas unifamiliares. As críticas foron vertidas logo do derradeiro Pleno de Nigrán, a través dun comunicado onde o edil da UCN-CDL reclamou a populares e socialistas "altura de miras" na procura dunha redacción de consenso.

 

O portavoz centrista cuestionou que o novo ordenamento urbanístico non contemple a creación dun centro urbano. Agregou que tampouco recolle planeamentos en trámite aprobados como el SAU 12 (As Angustias).

Mais as críticas do concelleiro Fernández Comesaña non quedaron neses puntos. Arremeteu contra a previsión do futuro PXOM pra construír os "cuestionados viales de Priegue-Chandebrito y de Saians-Porto do Molle", afirmou que o actual documento "empeora la delimitación actual de algunos núcleos rurales, contempla algunos Peris, Polígonos y urbanizables irrealizables por las cuantiosas cargas soportadas, falta de un parque público en Nigrán, faltan regatos, zonas verdes y equipamientos dotacionales existentes, figura un Peri invadiendo terreno del colegio de Panxón con edificaciones de bajo más 2 plantas, no contempla aparcamientos disuasorios de las playas etc."

Finalmente, Fernández Comesaña fixo un chamado á "responsabilidad" ao PP e ao PSOE para traballar "todos juntos en el PGOM" e para que abandonen "el enfrentamiento infantil que sostienen"

Nese senso reprochou ao alcalde Alberto Valverde "los errores cometidos en los últimos meses –tal vez por mal asesoramiento-, de no facilitar información del documento a los grupos políticos y colectivos vecinales, después del demoledor informe emitido por la Xunta. Solo después del posicionamiento contrario de nuestro grupo invitándole a rectificar, ha corregido el rumbo", sostivo.

A se mesmo recordou ao portavoz socialista Juan González que en tanto ex concelleiro de urbanismo do anterior goberno é "por tanto responsable en la redacción del documento del PGOM, que bajo sus órdenes y directrices trabajó el equipo redactor en la pasada legislatura." Polo que convidou ao lider socialista "a sacar del debate político partidista y no utilizar como arma arrojadiza el PGOM, tal y como manifestaban cuando eran gobierno, pero ahora desde la oposición no están dispuestos a cumplir".