Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os veciños pagarán cun incremento do recibo da auga, a ampliación da ETAP de Condomínguez por valor de 1,3 millóns de euros

Os veciños pagarán cun incremento do recibo da auga, a ampliación da ETAP de Condomínguez por valor de 1,3 millóns de euros

Correo-e Imprimir PDF
ETAP nigran_condominguez
Download this file (Melloras na ETAP.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O préstamo da Xunta para ampliar a ETAP de Nigrán deberá ser amortizada, con xuros en 20 anos, polo municipio que trasladará finalmente aos recibos dos veciños de Nigrán incrementando o prezo do suministro.

Alberto Valverde asegurou o pasado mes de febreiro e agosto, que as obras non repercutirían no recibo da auga e suporían un custe "cero" para Nigrán.

Valminor.info puxo de manifesto dende o principio as contradicións do goberno local en base aos documentos e os informes municipais que sinalaban que este convenio supuña un "préstamo" que os veciños de Nigrán deberían devolver en 20 anos con cargo aos seu respectivos recibos da auga.

O Pleno de Nigrán aprobou finalmente por maioría un préstamo de 1.143.802,57€ para a ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Condomínguez. O orzamento será financiado na súa totalidade pola Xunta de Galicia e deberá ser amortizado con xuros nos vindeiros 20 anos polo municipio.

A medida contou cos votos afirmativos dos concelleiros do grupo municipal do PP e mais do portavoz da UCN-CDL. Os socialistas que se opuxeron ao convenio, denuncian que con este acordo serán os veciños quen deberán asumir a amortización da obra nos seus recibos.

O préstamo implicará pagar máis de 211 mil euros en xuros por parte do municipio.

Juan González, portavoz do PSOE de Nigrán, informou que ademais do préstamo, o municipio deberá pagar xuros por un valor de 211.508,30€. Cifra que colocará o custe final da obra de ampliación por riba de 1,3 millóns euros, que deberá saír " do noso recibo da auga", sinalou.

González cuestionou que coa sinatura deste préstamo o Concello de Nigrán tamén terá que entregar os terreos e auga necesarios para executar a obra, así como todas as autorizacións administrativas; ademais de "renunciar a cobrarlle á Xunta calquera tipo de taxa, canon ou imposto e comprometese a asumir a explotación, mantemento e conservación das obras".

Nese senso, e tomando como base os valores aportados pola documentación do convenio de ampliación da ETAP, a agrupación socialista sinala que a "xestión de Alberto Valverde ante a Xunta vai supor un incremento anual de 67.756,54€ ao ano a todos os cidadáns de Nigrán".

Por riba, asegura Juan González, a esta suba "inmediata na tarifa da auga unirase a implantación actual da taxa polo canon da auga recentemente aprobada polo Partido Popular en Santiago" que supón unha media de 7 euros por recibo.

Antecedentes do proxecto de ampliación da ETAP de Condomínguez.

En Maio de 2007 un informe pericial do proxecto de urbanización de Porto do Molle realizado polas asociacións de veciños, destapaba a omisión e a falta de previsión por parte de Zona Franca das infraestructuras necesarias para garantir o abastecemento de auga coa posta en marcha do Parque Empresarial. Unha omisión que de non ser advertida polos colectivos implicaba que as arcas municipais terían que sufragar o custe da ampliación da ETAP dado que a capacidade actual non chegaría para cubrir toda a demanda.

Esta "eiva" supuña para Zona Franca un aforro de máis de 1 millón de euros, según os custes actuais da obra, cando por lei se establece que debe ser o propietario dos terreos o que ten a obriga de asumir os custes de urbanización e garantía dos servizos de suministros (auga, gas, comunicación, electricidade) das obras realizadas.

O 3 de febreiro de 2009, o anterior goberno socialista de Efrén Juanes facía público o anuncio do abono por parte de Zona Franca de 4,7 millóns de euros en concepto de aproveitamento urbanístico do 5% do millón de metros cadadros do Parque Empresarial. Na mesma data o concello facía mención ao inicio das conversas para a firma dun convenio de cooperación con Augas de Galicia para a realización das obras de ampliación da ETAP de Condominguez, en Priegue, recollida xa nun novo documento onde o concello pasaría a sufragar o 20% do presuposto das obras e organismo nacional o 80% restante.

Daquela o goberno socialista manifestaba a intención de cubrir ese 20% correspondente ao concello con cargo aos 4,7 millóns recibidos polo aproveitamento urbanístico de Porto do Molle, pero en ningún caso o 100% e menos con cargo aos recibos de suministro de auga que pagan os veciños.

En debembro de 2011 Alberto Valverde anunciaba a firma do convenio deifnitivo con Augas de Galicia para a realización das obras e aseguraba según o comunicado "estar realizando las gestiones oportunas para obtener el máximo beneficio para el ayuntamiento, y reducir al máximo la aportación del ayuntamiento a esta actuación que asciende a una inversión total de unos 1 millón de euros." O alcalde establecía como prioritario proveer a todas as parroquias do municipio dun servizo de abastecemento, principalmente para as parroquias de Parada de Camos.

O "custe cero" que anunciaba o goberno local

Dende o goberno local sempre se trasladou o proxecto de ampliación da ETAP cunha mensaxe dunha "financiación" que non repercutiría nin nas arcas municipais nin nos recibos de suministro que pagan os veciños. Así, na súa última intervención sobre o tema en agosto de 2012, o alcalde en declaracións ao Faro de Vigo, asaeguraba a súa satisfación ante a nova de que o concello non sería obrigado a asumir o 10% dos traballos e destacaba a importancia deste proxecto "no solo por las previsiones de crecimiento de la población sino también por la puesta en marcha del parque empresarial de Porto do Molle". Valverde aseguraba que a inversión que realizará a Xunta na ampliación da ETAP "no repercutirá en el recibo del suministro de agua", como fixaba un acordo plantexado por Augas de Galicia en febrero dese mesmo ano.

Nese mesmo sentido, nun comunicado remitido dende a alcaldía e recollido na páxina web municipal, Alberto Valverde manifestaba que "En los tiempos que corren es un auténtico logro reducir a coste cero para las arcas municipales unas obras tasadas en más de 1 Millón de euros y que son de vital importancia para nuestro municipio". 

Valminor.info puxo de manifesto dende o principio as contradicións do goberno local en base aos documentos e os informes municipais que sinalaban que este convenio supuña un "préstamo" que os veciños de Nigrán deberían devolver en 20 anos con cargo aos seu respectivos recibos da auga.

O novo convenio con Augas de Galicia.

O documento que se aprobou onte no pleno do concello establece un incremento paulatino das tarifas en concepto de "amortización das instalacións construídas" e os gastos de explotación e amortiazación, unha cantidade que superará o millón de euros iniciais da obra e que repercutirían directamente no recibo da auga segundo se desprende do documento.