Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Un informe de intervención sinala a obriga de Zona Franca de asumir os custes da potabilizadora de Nigrán

Un informe de intervención sinala a obriga de Zona Franca de asumir os custes da potabilizadora de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde e a delegada de Zona Franca Teresa Pedrosa nunha visita institucional a Porto do Molle. Imaxe CZFV
Download this file (informe_intervencion_EDAR_2012.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O documento do informe do interventor municipal que analiza pormenorizadamente a viavilidade do proxecto antes da súa aprobación no pleno municipal, presenta reparos sobre a legalidade das obras, o gasto así como do convenio a firmar polo concello.

O informe asegura que debe ser Zona Franca a que asuma o custe de ampliación da infraestructura e que en ningún caso o concello de Nigrán poderá asumir nin total nin parcialmente os custes da obra.

Así no seu informe se recolle que o concello carece dun expediente administrativo coa documentación básica necesaria, entre elas os informes técnicos que xustifiquen a falta de capacidade da actual infraestructura, e tampouco cos informes xurídicos e documentación técnica do proxecto (os planos).

O informe destapa tamén que a actual potabilizadora de Condominguez non cumple co caudal nominal para o que foi deseñada no ano 2000 e así aparece reflexado en varios informes realizados polo empresa concesionaria nos anos 2003, 2009 e 2010. 

Zona Franca ten a obriga por lei, de asumir os custes da potabilizadora.

Así se recolle no informe de intervención que cita o artigo 22c. da LOUG que establece que os propietarios do solo urbanizable deberán custear e executar as infraestructuras de conexión cos sistemas xerais existentes, así como as obras necesarias para a ampliación e reforzo dos citados sistemas.

O artigo 16c do TRLS estabece tamén que os promotores deberán costear no seu caso e executar as obras de urbanización previstas na actuación correspondente, así como nas infraestructuras de conexión coas redes xerais de servizos e as de ampliación e reforzo das existentes.... Establece que entre as obras e infraestructuras á que se refiere este apartado se entende como as de potabilización, suministro e depuración da auga.

O informe de intervención conclúe que o Concello de Nigrán non debería aportar nengunha contia (directamente, nen mediante transferencias a Augas de Galicia nos próximos 20 anos do 30 por 100 da anualidade indicada nun escrito do Presidente de Augas de Galicia do 13 de xaneiro de 2012 ,  e que en base aos artigos da LOUG e do TRLS o Consorcio da Zona Franca de Vigo deberá custear total ou parcialmente as obras de infraestructuras de potabilización, suministro e depuración de auga que foran ou que sexan necesarias para ampliación ou reforzo da ETAP e doutras infraestructuras... e de non ser efectuado o seu pago, produciríase un quebranto económico na administración (autonómica ou local) así como un enriequecemento sen causa para Zona Franca.

O compromiso de Zona Franca e as contradicións técnicas.

O informe de intervención recolle copia do escrito do delegado do Goberno no CZFV do día 29 de outubro de 2007 onde se indica que os técnicos municipais informaron de que a capacidade de tratamento da actual estación de Condominguez, "puede soportar el consumo demandado por éste (referíndose ao polígono empresarial de Porto do Molle)"  algo que claramente choca cos informes da concesionaria anteriormente citados e as xustificacións do actual goberno que falan da necesidade de ampliación da planta.

Neste mesmo escrito o goberno socialista conseguía acadar un acordo por escrito no que Zona Franca se comprometía a financiar a obra de ampliación da ETAP correspondente a cubrir o incremento de demanda xerado polo Parque Empresarial, salvo que o Concello de Nigrán realizase as melloras pola súa conta e sempre que dita actuación non levase consigo aportación económica do Concello.

O novo convenio con Augas de Galicia.

O interventor muncipal tamén presenta reparos nos acordos a adoptar polo concello neste novo convenio aprobado polo goberno popular, asegurando que carece de sentido e amparo legal a "renuncia expresa á retención".

Tampouco parece indicarse nen contificarse no convenio os custos de explotación, mantemento e conservación das instalacións, así como os prazos e os importes da amortización.

Así mesmo recolle que de conformidade co establecido no "plan de saneamento 2009-2015" o Concello de Nigrán non pode financiar total ou parcialmente nengún investimento mediante préstamos a longo prazo.

Outro punto do informe sinala que non consta acreditación da titularidade municipal dos terreos precisos para a realización das obras, nin o cumprimento das normas establecidas no planeamento urbanístico en vigor no Concello de Nigrán.