Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O E.E.I. Dunas estrea biblioteca para pais e nais

O E.E.I. Dunas estrea biblioteca para pais e nais

Correo-e Imprimir PDF
biblioteca-pais-donas

O E.E.I. Dunas de Panxón estrea hoxe un recuncho moi especial dentro da súa biblioteca, un espazo equipado cunhas confortables cadeiras, mesa e lámpada de pé destinado á lectura dos pais e nais dos alumnos do centro, que abrirá dous martes ao mes en horario de tarde. "Esta iniciativa persegue incentivar a lectura entre os máis pequenos motivando o exercicio deste hábito entre os seus pais", explica o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde.

A montaxe e posta en marcha deste espazo foi posible grazas a unha dotación da Consellería de Educación -valorada en 600 euros-, que se suma aos 5.000 euros que a Xunta de Galicia destinou neste ano á escola infantil de Panxón, dentro do Plan B de Bibliotecas, que se destinarán á adquisición de libros infantís, material audiovisual e mobiliario para a biblioteca, que o centro espera inaugurar oficialmente ao longo do presente curso.