Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O imposto de saneamento en Nigrán sube o 130% nun ano

O imposto de saneamento en Nigrán sube o 130% nun ano

Correo-e Imprimir PDF

Francisco Menendez, presidente de Augas de Galicia, e Alberto Valverde nunha charla sobre o Canon da Auga en PrieugeOs veciños de Nigrán experimentaron unha suba do recibo de saneamento do 131% en tan só un ano.

Os impostos da Xunta de Galicia relativos aos coeficientes de vertedura incrementaron os recibos dos contribuíntes dos 9€ pagados en xuño de 2012 aos 20€ que tiveron que abonar en xuño de este ano.

Galicia paga de media un 120% máis pola auga que Andalucía, a zona máis seca da península.

Nigrán non é un caso illado desta suba nos recibos de suministro e recibos de saneamento, así todos os concellos que conten cunhas infraestructuras de depuración e potabilización das augas que dependan directamente da Xunta de Galicia, viron incrementados os seus recibos logo de aplicarlle os novos canons da xunta que até decembro de 2012 estabn bonificados ao 50% e agora suben todo o seu tramo.

O canon da auga da Xunta de Galicia.

O canon da auga da Xunta de Galicia foi "vendido" políticamente como un novo imposto que beneficiaría aos usuarios que fixeran un uso máis racional deste recurso. Así ,en marzo de 2011 o PP de Nigrán destacaba os beneficios do "novo canon" aprobado o 26 de outubro no Parlamento de Galicia baixo o mandato do actual presidente, Núñez Feijoo. O PP de Nigrán negaba sistemáticamente nese momento, que o "canon" fose un novo imposto, e defendía a súa creación como un "tributo universal sin afán recaudatorio". 

"No crea nuevos tributos si no que mejora los existentes. El canon del agua sustituye al actual canon de saneamiento, convirtiéndose en el segundo canon más barato de España." aseguraban os populares de Nigrán en marzo de 2011 que prometían mellorara para o uso doméstico como "tiene en cuenta el número de residentes en la vivienda, dispone de una tarifa social y cambia el sistema lineal de consumo por el de tramos" Daquela os populares estimaba que un 30% da poboación pagaría menos que actualmente.

Así en Decembro de 2012 os veciños recibiron o primeiro recibo coa suba do canon da auga. Pero dito incremento tiña letra pequena, e o que non sabían os usuarios é que tiñan unha bonficiación do 50%, é dicir que o novo imposto non fora aplicado ao 100% da taxa,  e pasar o pulso case inadvertida. A realidade plásmase agora nos recibos de xuño de 2013 no que tanto Xunta como concellos aplican o citado canon ao 100% do seu importe o que supón un duro revés par o bolsillo das familias e moito máis para o dos negocios locais, que proporcinalmente teñen un nivel de impostos máis elevado.

Copias dos recibos de saneamento en NigránConsumos estimados.

O resultado da implantación do "canon da auga" reamatou reflexándose nun novo imposto a sumar ás actuais taxas municipais. A sua discrecionalidade á hora da súa aplicación tampouco fai diferenciación entre as familias máis conscientes coa racionalización no consumo da auga, de xeito que o imposto establécese en función dos membros censados no domicilio cunha estimación por tramos dos consumos, deixando de lado  a apliacación dunha tarifa baseada nos consumos reais.

Neste senso, a tarificación aplicada segue sendo a taficación por tramos, onde os contribuíntes seguen pagando por un servizo estimado e non prestado, pese a que todas as vivendas contan cun contador de auga que indica con precisión os consumos reais das familias. O "canon" non premia pola racionalización do consumo e non supuxo ningunha baixada no importe dos recibos, ao contrario, os recibos foron incrementados nun 130% como no caso do saneamento en Nigrán.

A ampliación da potabilizadora de Condominguez.

A licitación a pasada semán da ampliación da ETAP de Condominguez para poder dar servicio ás necesidades de Porto do Molle suporán outro incremento máis nos recibos das familias de Nigrán. Até o momento así o recolle o convenio firmado polo Concello de Nigrán e Augas de Galicia en setembro de 2012, onde o préstamo da Xunta para as obras deberá ser amortizado, con cargo aos recibos durante os próximos 20 anos. Pese a que dende o goberno municipal sinalaron que estas obras non repercutirán nos recibos dos contribuíntes logo da firma doutro convenio co ente autonómico, o certo é que ese convenio ainda non foi feito público a día de hoxe.