Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán denuncia a suciedade dos areais. O concello négao. Quen minte?

O PSOE de Nigrán denuncia a suciedade dos areais. O concello négao. Quen minte?

Correo-e Imprimir PDF

Quen di a verdade sobre o estado dos areais.PSOE e PP de Nigrán enzárzanse nunha disputa sobre o estado e limpeza dos areais de Nigrán. Os primeiros denuncian o seu abandono, os segundos acusan ao partido da oposición de mentir. Pero... quen di a verdade?

 A disputa política no Val Miñor aseméllase máis a un partido de tenis onde gobernos e grupos da oposición inician os "sets" lanzándo unha acusación ao adversario político para que seguidamente o aludido responda con outra versión dos feitos totalmente oposta. No medio, como espectadores, os cidadáns, que en nalgún dos casos son testigos dos feitos, pero no noventa e nove por cento carecen da información e documentación pública para poder tomar unha opinión en consecuencia. 

Esa falta de información e de transparencia de todas as administracións son as que propician esas "boleas" de acusacións con titulares en prensa onde non queda claro quen di a verdade ou quen minte, e que a única información ou documentación que fan público cínguese ao beneficio dunha das partes.

O pasádo sábado día 12 de abril o portavoz do grupo socialista de Nigrán, Juan A. González remitía un comunicado denunciando o estado de abandono do principal areal de Nigrán e acusaba ao goberno municipal de Alberto Valverde (PP) como responsable, fancendo un inciso nas compentencias das áreas de Vías e Obras e Medioambiente transferidas ao rexedor, logo das repetidas dimisións e escisións do goberno municipal.

Para ilustrar a denuncia, o portavoz socialista remite aos medios de comunicación sete imaxes do areal de Lourido (Praia América) con restos orgánicos de algas mixturados con un importante volume de plásticos e restos de artes de pesca arrastrados polo mar.

O luns 14 de abril, o alcalde Nigrán responde como portavoz do seu partido (PP) nun comunicado á denuncia dos socialistas, negando os feitos e acusando ao portavoz socialista de "mentir" únicamente con fines "partidistas". Para apoiar a súa afirmación, envía unha imaxe do areal de Praia América limpo.  Alberto Valverde manifesta no seu escrito que "la verdadera imagen de los arenales de Nigrán es la de la fotografía que se adjunta" en alusión á imaxe.

Quen día a verdade e quen minte?

Para poder aclarar se é certo ou non a información remitida por ambos partidos bastaría con achegarse inmediamente ao areal ese mesmo sábado e comprobalo in situ. Pero dado que xa pasaron varios días e non puidemos ser testigos dos feitos para ratificar a denuncia, e dado que dende o PP de Nigrán fan pública unha imaxe totalmente distinta do areal, só mentes queda acudir á tecnoloxía ou ao que legalmente se coñece como a peritaxe informática.

As fotografías realizadas con cámaras dixitais, sexan cámaras reflex, compactas ou mesmo as cámaras dos teléfonos móviles, gardan información de metadatos que identifican todo o proceso informático de creación e modificación da imaxe captada. Vería sendo o seu ADN informático, onde amosaría todos os datos dos que a cámara dispoña, incluso a súa xeolocalización no caso dos dispositivos con GPS. Ese ADN da imaxe é o que se coñece técnicamente como código EXIF.

Una vez pasadas as imaxes por un lector dos metadatados EXIF estes foron os resultados.

A imaxe do PSOE de Nigrán

EXIF da imaxe enviada polo PSOE coa denuncia 

A primeira das imaxes corresponde  aos metadatos dunha das sete imaxes remitidas polo partido socialista. No extracto podemos observar que a imaxe foi sacada cun teléfono móbil e a data da imaxe exacta foi o pasado 12 de abril de 2014 ás 8:38 h. Noutros apartados podemos saber que fotografía é orixinal e non foi procesada por ningún programa de edición de imaxes. É dicir que non é unha montaxe.

As imaxes completas

A imaxe do PP de Nigrán

EXIF da imaxe remitida polo PP de Nigrán

Nesta seguna imaxe remitida polo PP de Nigrán comprobamos que ao igual que a imaxe dos socialistas foi sacada cun teléfono móbil pero a data da imaxe corresponde ao luns 14 de abril ás 10:39h, dous días despois da imaxe dos socialistas. Na imaxe tamén aprécianse as pegadas das máquina de limpeza (dado que non está permitido a circulación de outro tipo de vehículos nos areais).

Conclusións

A imaxe da denuncia do PSOE de Nigrán correspondente ao 12 de abril é VERDADEIRA. Ese era o estado do areal na hora na que foi sacada a imaxe o pasado sábado ás 8:38h da mañá.

A fotografía remitida polo PP de Nigrán foi sacada dous días despois da denuncia. Polo tanto a acusación de Alberto Valverde sobre a falta de veracidade da denuncia do PSOE é FALSA.  O único certo da imaxe remitida polos populares é que amosa o estado actual do areal con data 14 de abril, pero en todo caso posterior á denuncia do partido da oposición e logo do paso da maquinaria de limpeza.