Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O arranxo da Rúa Rans en suspenso: o quixeron facer cun plan da Deputación pero a estrada é da Xunta.

O arranxo da Rúa Rans en suspenso: o quixeron facer cun plan da Deputación pero a estrada é da Xunta.

Correo-e Imprimir PDF
rans-desfeita

A Rúa Rans pertence á Xunta de Galicia. As súas estradas e beirarrúas precisan dunha urxente intervención para acondicionar esta arteria que comunica San Pedro co Lourido e Praia América. O pasado decembro o alcalde rexeitou unha proposta de acordo da UCN que o instaba a xestionar un convenio a tal fin coa Consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas da Xunta. Días atrás o rexedor anunciou a inminente adxudicación das obras de humanización, pero dentro dun plan da deputación provincial. Mais a autorización desa intervención está condicionada a que o concello obteña o traslado da titularidade da estrada ao patrimonio municipal. Un proceso que deberá iniciar coa aprobación do pleno –no que está en minoría- e a posterior vontade do goberno autonómico, titular da estrada.

Nunha estrada autonómica non se pode certificar a disponibilidade dos terreos polo Concello.

 “O alcalde non considerou necesario levar a cabo as obras por parte da Xunta”, lembra o portavoz da UCN, Fernández Comseña. “Será porque na Xunta xa non o reciben?”, ironiza. O edil comparte a urxencia de dotar con mellores servizos de aparcadoiros, arranxos da estrada e beirarrúas de Rans, mais esixe que o plan contemple as normas subsidiarias de planeamento urbanístico vixentes. As mesmas, explica, establecen unha sección da rúa de 20 metros, o que segundo a información coa que conta o edil, non contempla o actual proxecto que Alberto Valverde presentou ante a deputación: “o  que o alcalde pretende levar a cabo é unha actuación ilegal”, salienta Fernández.

Sinala que non é de recibo que o concello de Nigrán, asuma a titularidade da rúa nese “lamentable estado de conservación” e sen que antes a Xunta leve a cabo a urbanización completa do mesmo, “un feito insólito e que nunca se viu”. Circunstancia que pretende corrixir advirte a través da deputación,” pero deuse conta que non podía ser, ao tratarse dun vial que non é de titularidade municipal, e non poder certificar a disponibilidade dos terreos para que a deputación realice as obras, polo que pretende esta ocorrencia chapucera”, argumenta.

UCN adianta por que non acompañará o troco de titularidade no pleno

Adianta que a posición de UCN será  que primeiro se urbanice integramente a estrada polo actual titular, a Xunta, e que logo se entregue ao Concello. Ao mesmo tempo, que os recursos acadados para esta obra na deputación se destinen para a execución de obras de titularidade municipal ou provincial, tales como as rúas Ceán ou Manuel Prado.