Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN asegura que a moción do cambio de horario dos plenos orixinou unha nova crise no goberno de Nigrán

UCN asegura que a moción do cambio de horario dos plenos orixinou unha nova crise no goberno de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
antonio-ucn

O portavoz da Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández, afirma que a moción propoñendo cambiar o horario de celebración dos plenos ordinarios propiciou “unha nova crise no seo do goberno local”.  Nomeadamente entre o alcalde Alberto Valverde e o seu Tenente e concelleiro de Facenda Alberto García, “chegando ata a ausentarse do pleno antes da votación da moción, alegando razóns persoais”. sinala Fernández.  O portavoz cre que a razón abría que buscala “no feito de que a última hora no pleno, o alcalde recuou e cambiou a postura inicial do PP manifestada na Comisión Informativa de Asuntos Xerais, que votara a favor da moción de UCN, -Comisión que fora presidida polo Tenente de Alcalde-, deixando así en evidencia, non só ao Sr. García, senón tamén, aos outros tres concelleiros do PP”.

Segundo Fernández hai dúas correntes no PP de Nigrán.

Engade que a “significativa ausencia do Pleno”  xusto antes de someterse a debate a moción, causo sorpresa entre as filas da oposición, o que podería entenderse como un” claro pulso entre as dúas correntes: unha radical minoritaria, e outra maioritaria moderada, aberta ao dialogo e consenso, no seo do goberno que non comparte moitas das decisións que está tomando o alcalde -con axuda dos seus asesores-, e que ao parecer atópase de vacacións en Canarias”afirma Fernández.

A versión da UCN do acaecido na votación do cambio de horario dos plenos.

Dende a UCN sinalan, que aínda que inicialmente o portavoz do BNG (Xavier Rodríguez) manifestara certa reticencia pola hora (prefería mellor ás 7 da tarde), “serviulle de escusa perfecta ao alcalde para suscitar que a moción quedase sobre a mesa, xa que o propoñente Fernández Comesaña, unha vez advertido que o grupo socialista non compartía este último cambio, optou por manter o horario fixado na moción (20 horas), ditaminada favorablemente na comisión informativa”.

Moción que sometida a votación a proposta do alcalde, “sorprendentemente aprobouse, cos únicos votos do PP, propiciada pola abstención do PSOE, ao parecer por erro, e cos votos en contra de UCN, BNG e concelleiro non adscrito”puntualiza.

O cambio de horario dos pleno volverá a debatirse

Fernández Comesaña, afirma que volverá someter novamente a moción no próximo pleno de setembro, por entender que o cambio de horario busca dar maiores facilidades aos veciños para acudir ás sesións plenarias, facilitando a participación e transparencia na xestión dos asuntos municipais. “Inquietudes transmitidas por varios veciños, así como polo partido de Esquerda de Unida, en escrito dirixido ao alcalde e grupos políticos, que UCN considerou interesante e positivo”, afirma.