Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Aumentan en máis de 1 hectárea o espazo protexido das dunas de Praia América e Panxón.

Aumentan en máis de 1 hectárea o espazo protexido das dunas de Praia América e Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
proteccion dunas nigran
Download this file (ALEGACIÓN ENIL PRAIA ÁMERICA - Salvemos Monteferro.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Esquerda Unida amosa satisfacción pola inclusión da súa alegación para que de todas as áreas recuperadas do ecosistema dunar Praia América – Panxón como espazo natural de interese local (ENIL) foran recollidas pola Xunta de Galicia. A medida, aínda que con carácter provisorio permite incluír nos limites de dito espazo parte das zonas recuperadas na primeira e terceira fases de recuperación do sistema dunar, realizadas nos anos 2005 e 2006, así como a totalidade da quinta fase realizada no ano 2008. Feito que non recollía inicialmente a documentación orixinal exposta ao público polo Concello de Nigrán segundo EU. Sen embargo, salientan que a alegación presentada por esa agrupación quedou recollida finalmente na resolución de ampliación do ENIL que pasa de 2,2 hectáreas protexidas con anterioridade ás 3,58 Ha, actuais, tras resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do pasado 4 de xullo e publicada no DOG o día 17 dese mes.

Actualización: Con carácter similar á alegación presentada por Esquerda Unida ao documento orixinal, tamén foi presentada na mesmas datas e co mesmo fin outra pola Asociación de defensa medioambiental Salvemos Monteferro, cuxo texto publicamos en arquivo adxunto.

Na alegación presentada por Esquerda Unida, solicitábase a inclusión nos límites do ENIL de zonas excluídas que coinciden coas zonas intermareais da desembocadura do Río Miños.

Alcances da resolución provisional
O Concello de Nigrán deberá presentar nun máximo de dous anos un plan de conservación deste espazo para acadar a súa declaración definitiva como "espazo natural protexido", segundo a resolución da Consellería de Territorio. Plan que deberá tomar en conta as consideracións feitas pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar, achegadas ao Concello. De non cumprirse con este requisito no prazo sinalado, a resolución advirte que "teráselle por desistido da súa solicitude de declaración e desde ese momento producirase a extinción dos efectos da declaración provisional como ENIL".

Obrigas que afectan as actividades a desenvolver nesta área.
Mais esta aprobación implica entre outras cousas a prohibición de realizar actos "que supoñan unha transformación sensible de la realidade física ou biolóxica que dificulte ou imposibilite a consecución dos obxectivos da declaración de espazo natural protexido ou supoña un risco para os seus valores naturais", segundo o artigo da lei 9/2001 que regula as devanditas declaracións provisionais. O que descartaría en diante a utilización destes espazo para actividades masivas como as fogueiras de San Xoán, eventos masivos de calquera orden.
A partir desta resolución o Concello de Nigrán deberá contar cun informe favorable da Consellaría de Medio Ambiente para calquera "autorización, licenza ou concesión que habilite para realizar transformacións da realidade física o biolóxica no ámbito territorial ao que afecta o plan de ordenación dos recursos naturais" do espazo dunar.