Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños de Chandebrito recorren ao Valedor do Pobo para cobrar unha débeda de 330€ ao Concello de Nigrán.

Veciños de Chandebrito recorren ao Valedor do Pobo para cobrar unha débeda de 330€ ao Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
chandebrito panel chan roto

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" leva catro anos esperando que o Concello de Nigrán lle pague 330 euros por concepto dunha axuda para proxectos de intervención e preservación de bens culturais concedida en febreiro de 2008. O monto total era de 660 euros de fondos municipais -dos que só recibiu o 50% nese ano- e logo aducindo falla de cartos a administración non pagou máis. Concedida polo goberno bipartito PSOE-BNG, sendo alcalde Efrén Juanes, os reclamos continuaron ante a actual administración do PP, presidida por Alberto Valverde, sen obter resposta. Meses atrás a asociación recorreu aos servizos do Valedor do Pobo para que intercedera ante o Concello, mais tampouco este puido conseguir que alcaldía achegar os informes demandados para iniciar a mediación. Os veciños consideran que a actitude das autoridades de Nigrán é "bochornosa" e piden a súa dimisión do goberno municipal.
A asociación "Chandebrito 1807", que recentemente tivera que facer fronte ás desfeitas nun conxunto de xacementos de arte rupestre, ve como novamente "o silencio administrativo" é a resposta as súas preocupacións pola conservación dos bens patrimoniais da súa parroquia.

"En relación coa queixa que vostede presentou nesta institución, dado que o Concello de Nigrán aínda non remitiu o informe demandado, o día de hoxe requerímolo novamente, recordando expresamente que tal envío resulta unha obriga lega (art. 22 da Lei do Valedor do Pobo", sinala nun escrito con data 22 de agosto,Beatriz González Moreno, actuando por delegación do Valedor do Pobo en funcións. A misiva, dirixida ao veciños de Chandebrito, remata informando que a institución se poñerá en contacto con eles "unha vez que o citado concello nos remita a referida información, dándolle conta da nosa actuación e, se é posible, da solución do seu problema".
Carlos Gomez Costas, portavoz da asociación veciñal , considera "bochornosa esta e outras cuestións, tales como a desidia e o desprezo co que tratan a este e outros colectivos que reclaman actuacións absolutamente necesarias, urxentes e de competencia do Concello de Nigrán, e por elo, pide a dimisión do goberno municipal do PP por incompetente, algo que veñen reclamando incluso moitos dos seus propios votantes".