Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán “Chandebrito 1807” reclama a inclusión no inventario municipal de tres camiños que prestan servizos públicos.

“Chandebrito 1807” reclama a inclusión no inventario municipal de tres camiños que prestan servizos públicos.

Correo-e Imprimir PDF
barrio da igrexa

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" informa que leva solicitando ” ao Concello de Nigrán “dende hai anos e en tres ocasións “que se engadisen tres carreiros da parroquia no inventario municipal de camiños. Afirman que os mesmos contan con diversos servizos urbanos de carácter público. Dous deles situados no barrio das Tomadas, o Camiño de Florentino Rial e o Camiño dos Vargos. Completa o reclamo o Camiño da Lapela, no barrio da Igrexa. Denuncian  que existen varias vivendas con acceso por eses camiños non contemplados no referido documento, “o que supón un prexuízo para os seus titulares”.

Presentaron un novo escrito ante a administración local o pasado 25 de agosto, onde tamén esixen a corrección de un total de 58 erros que  contén o plano número 3 do citado inventario do Concello de Nigrán. Sinalan que dous deses erros refiren ao grafado dos carreiros, nese documento  aprobado polo pleno o 28 de marzo de 2012.

A tal fin, remitiron un documento cos datos dos dos camiños para os que se pide a súa inclusión ademais do mencionado plano do inventario aprobado no 2012, coas correccións oportunas.

Para Carlos Gómez Costas, voceiro desta Asociación, o goberno municipal “non demostra ter interese en contar con inventarios realizados de xeito correcto, xa que nunca se puxo en contacto coa veciñanza nin coas asociacións e tampouco se digna en contestar as peticións que se lle realizan, aínda que sexa de forma completamente construtiva, dándolle o traballo feito e sen custo algún para o propio concello, como neste caso”.