Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Inés Abril, a cociñeira nigranesa que debuta no programa Top Chef de Antena3

Inés Abril, a cociñeira nigranesa que debuta no programa Top Chef de Antena3

Correo-e Imprimir PDF
Inés Abril no concurso Top Chef | Imaxe Antena3

A conciñeira nigranesa Inés Abril (Priegue, 34 anos) debutou onte no programa concurso de cociña Top Chef de Antena 3

As súas primeiras prácticas foron no Parador de Bayona, cando recibe unha chamada da súa antiga escola para comunicarlle que a presentan ás bolsas Erotoques debido ao seu brillante expediente e Inés é seleccionada para entrar no Portal de Etxaurren (A Rioxa). Unha vez terminados o seu tres meses de bolsa Francis Paniego ofrécelle un posto de traballo no Portal de Extaurren ou noutro proxecto, O Marqués de Riscal.

Con todo Inés, por motivos persoais, tivo que declinar a oferta e volver a Vigo, onde decide tentar suplir unha das súas carencias entrando a traballar na Pastelaría Montserrat. Ao tempo recibe unha nova oferta de traballo para entrar en Maruja Limón -1* Michelín- (Vigo), onde leva traballando desde fai oito anos.

Considera a Rafa Centeno como o seu mentor e admira a tantos grandes profesionais da cociña, que lle resulta difícil decantarse por algún. Aínda que é unha muller competitiva non lle atraen demasiado os concursos porque lle restan tempo de estar na cociña, polo que só se presentou ao Campionato Galego de Cociñeiros 2008, do cal resultou gañadora.

Tamén é moi esixente consigo mesma, perfeccionista, moi metódica e bastante maniática da limpeza. É unha muller positiva, alegre e con sentido do humor, pero terca e cun carácter forte. Aposta pola constancia e a perseveranza e por seguir aprendendo, por iso sempre tenta manterse actualizada lendo libros sobre as últimas tendencias en gastronomía. Ademais, tivo a ocasión máis dunha vez de compaxinar a cociña con outra das súas paixóns, dar clase.

A súa cociña é unha cociña de mercado, tradicional cun toque contemporáneo.É un reto persoal para descubrir se pode facer as cousas ela soa ou se aínda necesita a alguén que lle vaia guiando. Quere crecer con esta experiencia como acode e profesional, porque para ela é un reto diferente ao que é un concurso de cociña, pero non descarta nun futuro a idea de abrir o seu propio restaurante.

Ver Video programa 1 Top Chef 

VIDEO avance da segunda temporada de Top Chef

 

 

-