Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Moción de censura ao alcalde de Nigrán? UCN propona e o PSOE está disposto a estudala.

Moción de censura ao alcalde de Nigrán? UCN propona e o PSOE está disposto a estudala.

Correo-e Imprimir PDF
alcalde nigran concelleiro urbanismo pleno

O goberno en minoría do popular Alberto Valverde (PP) podería enfrontarse a unha moción de censura.

Para UCN, o alcalde peca de “soberbia” na xestión do Concello e incumpre de xeito reiterado os acordos plenarios. Pola súa banda, para os socialistas o rexedor “está sendo un grave atranco para o desenvolvemento de Nigrán”.

UCN fala dun “goberno de concentración” para devolver a democracia, participación, transparencia, consenso e xestión ao Concello, ignorados e pisoteados ata agora polo alcalde popular, Alberto Valverde”. VM.info falou cos concelleiros Antonio Fernández e Juan González para coñecer as súas opinións ao respecto.

Proposta de censura a Valverde .

O concelleiro Antonio Fernández (UCN) afirma que “nunca unha censura ao alcalde popular de Nigrán estivo tan xustificada como agora”. Engade que se o principal partido da oposición o PSOE, decidise dar un paso ao fronte, UCN “ vería con bos ollos que tal iniciativa puidese converxer nun “goberno de concentración”.  Afirmacións que emitiu nun comunicado aos medios este luns. “Todo o que sexa bo para Nigrán é bo para o Partido Socialista, e Alberto Valverde esta sendo un grave atranco para o desenvolvemento de Nigrán”, declarou pola súa banda a VM.info o concelleiro Juan González (PSOE). “Espero que se poña en contacto con nós e unha vez escoitado e trasladado ao Partido Socialista tomaremos unha decisión”, sinalou nunha comunicación con este medio en relación ás manifestacións de Antonio Fernández.

Unha moción de censura “de libro”.

Opina o edil Antonio Fernández que a “falta de xestión”, o “fracaso do PXOM”, dos orzamentos,  así como a “descoordinación “ interna do equipo de goberno e o enfrontamento con diversos colectivos veciñais que mantén o rexedor, fan que a moción de censura sexa “de libro”.

Matiza que a proximidade das eleccións municipais engaden “unha dificultade maior para a moción de censura”.  Con todo, salienta que “non podemos quedar de brazos cruzados ante un alcalde que incumpre os acordos plenarios e  rí na nosa cara; actúa de forma prepotente e está enfrontado con diversos colectivos e asociacións veciñais que non son da súa corda”.

Entende que por “deferencia” debe esperar que a iniciativa da moción de censura a tome o PSOE como forza maioritaria da oposición. “De calquera xeito UCN esta aberto ao diálogo sincero co obxectivo de que os veciños de Nigrán gañen en protagonismo e participación, desterrando modelos de goberno personalistas, prepotentes e afastados da cidadanía”, conclúe no seu diálogo con este medio.

PSOE: “Tomar a mellor decisión para Nigrán”

O voceiro socialista manifestou a primeira horas do luns non estar informado da proposta da UCN. A media tarde, e tras tomar coñecemento do escrito do edil Fernández, o concelleiro Juan González manifestaba a súa disposición a trasladar a proposta ao resto da agrupación socialista para o seu estudo.

Consultado sobre a iniciativa manifestou “Todo o que sexa bo para Nigrán e bo para o Partido Socialista e Alberto Valverde esta sendo un grave atranco para o desenvolvemento de Nigrán”. Ao igual que o edil Fernández, matizou que “Tamén e certo que as eleccións municipais están moi próximas e pode que non sexa o mellor dos momentos para esta proposta de UCN pero, repito, unha vez coñecida poderemos tomar a mellor decisión para Nigrán”.

Un “goberno de concentración”.

“Os principais asuntos que requiren do consenso das forzas políticas son: O PXOM, os Orzamentos , as ordenanzas fiscais, xa que requiren dunha revisión profunda, especialmente orientado á redución de impostos tales como: IBI, IAE, licenzas urbanísticas, vehículos, así como taxas e prezos públicos: copago dependencia, carruajes, lixos, actividades culturais e deportivas etc.”, manifesta Fernández co respecto aos desafío dun posible goberno dos concelleiros da oposición.

Engade que tamén cumpre “opoñerse ao brutal incremento de máis do 34% do canon de SOGAMA, aplicado unilateralmente, que tarde ou cedo terminará repercutindo nos veciños a través do recibo do lixo”.  “Pero con todo o alcalde escóndese e non defende os intereses dos veciños de Nigrán, sumso ás imposicións do PP”, finaliza.