Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os principais servizos públicos do Concello de Nigrán carecen de ordenanzas cos regulen.

Os principais servizos públicos do Concello de Nigrán carecen de ordenanzas cos regulen.

Correo-e Imprimir PDF
polideportivo-panxon

Servizos como os de Axuda a Domicilio e o de Transporte de persoas discapacitadas que brinda o Concello de Nigrán non posúen unha ordenanza ou regulamento cas delimite de xeito preciso. Funcionan en base a normas básicas de réxime interno desde a súa posta en funcionamento e non son poucas as queixas polo descoñecemento das mesmas por parte dos cidadáns . Na mesma situación atópanse outros como o Centro de Información da Muller (C.I.M.), o Centro Antena, o de  Tele-asistencia, o Servizo de Educación Familiar, e os funcionamentos da Biblioteca municipal, a Praza de Abastos da Ramallosa e o Pavillón e pistas deportivas municipais. De todo isto dá conta un escrito recentemente presentado polo edil Antonio Fernández Comesaña (UCN) ante o Concello.

Promoverá Fernández  unha resolución do pleno a prol de  dar maior transparencia a estes  coa elaboración de ordenanzas non fiscais ou regulamentos para estes servizos por parte dos técnicos municipais.

VM.info - Como funcionan ata de agora eses servizos, entón? Cada goberno lles pon as súas propias normas e regulamentos?

Fernéndez Comesaña - É certo que todos estes servizos están funcionando desde fai tempo, pero non dispoñen de ningún regulamento ou ordenanza aprobada polo pleno, que regule o seu funcionamento. Nalgúns casos existen normas básicas de réxime interno, desde a súa posta en funcionamento e con carácter experimental, polo que resulta dubidosa a súa eficacia.

VM.info -  Qué beneficios darán esas ordenanzas aos usuarios na práctica?

Fernéndez Comesaña - O motivo de dispoñer destes instrumentos de funcionamento legais, perseguen dous obxectivos: por unha banda contar co respaldo e aprobación da corporación. Incidir na transparencia nas xestión dos servizos públicos, dado que ao ser obrigatoria a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, estarán ao alcance de todos os cidadáns e así evitar posibles arbitrariedades ou discriminacións, que nalgún caso puidesen existir.