Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A taxa de vados en Nigrán podería baixar nun 70% se o pleno aproba finalmente a proposta da UCN

A taxa de vados en Nigrán podería baixar nun 70% se o pleno aproba finalmente a proposta da UCN

Correo-e Imprimir PDF
vado

A decisión final de baixar a taxa que rexe as entradas de vehículos (vados) queda en mans do pleno de Nigrán. Este deberá votar en contra ou a favor de aplicarlle unha redución próxima ao 70% proposta polo edil Fernández Comesaña (UCN-CDL). Con esta modificación pasaríase a pagar unha vivenda unifamiliar de ata tres vehículos, a razón de 6€ metro lineal. Segundo cálculos do autor da proposta isto "vén a supoñer para unha entrada de 3,50 metros de ancho 21€ para o ano 2015, fronte aos cerca de 80€ que pagan actualmente". Todo indica que a enmenda contará con maioría no pleno, mais non evitará pagar a valores da tarifa anterior (suba do 270% de 2012) a taxa dos anos 2013 e 2014 que en breve se poñerá ao cobro.


Esta proposta fora aprobada provisionalmente cos votos de UCN e o PP no pasado pleno de abril. Posteriormente o acordo foi sometido a información pública durante un mes, formulándose unha única alegación presentada pola agrupación Esquerda Unida. En opinión do edil Fernández Comesaña "a alegación presentada no desvirtúa a proposta plantexada polo noso grupo". Sinala que para UCN a alegación vén a implementar "pequenos aspectos semánticos e outros que enriquecen o texto definitivo da ordenanza
Nese senso UCN na Comisión Informativa de Facenda, celebrada o pasado mércores, votou a favor de estimala, mentres que o PP votou en contra e o PSOE se abstivo segundo sinalou Fernández ao finalizar a mesma. Polo que deberá ser o Pleno da Corporación quen aprobe definitivamente a ordenanza, "ben incorporando a alegación indicada, ou polo contrario, manter o texto aprobado inicialmente, a proposta de UCN", finaliza o edil.